Henry Ford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 45:
Sobre [[1920]], Ford mercou unha vasta extensión de terra en [[Brasil]], [[Forlândia]], onde fabricaba caucho para os [[pneumático]]s dos seus coches. Isto provocou un desastre financeiro e cando o vendeu en [[1945]], xa perdera unha fortuna.
 
A mediados dos 20, as vendas do Modelo T comezaron a decaer co aumento de competencia. Outros fabricantes ofrecían plans de financiaciónfinanciamento ós seus consumidores cando mercaban os coches, que ademais acostumaban a incluír modernas melloras mecánicas e de estilo que non estaban incluídas no modelo T. A pesar dos intentos do seu fillo Edsel, o presidente da compañía, Hnery Ford axiña rexeitou incorporar melloras no Modelo T (para manter o seu baixo prezo) ou de crear un plan de crédito para os clientes (porque pensaba que ese plans eran malos para a economía).
 
=== O Modelo A e posteriores ===
En 1926, o decaemento nas vendas do modelo T convenceu a Henry Ford do que seu fillo Edsel viña suxerindo dende había tempo: era necesario un novo modelo. O maior dos Ford perseguía o proxecto cun acordo cunha grande habilidade técnica no deseño do motor, o chasis e outros requisitos indispensables; mentres que deixou ó seu fillo encargarse do deseño da carrozaría. Edsel tamén conseguiu prevalecer sobre as obxeccións de seu pai á inclusión dunha transmisión de cambio deslizante. O resultado foi o exitoso [[Ford Modelo A]], presentado en decembro de 1927, e producido durante 1931, cunha fabricación total que superaba os catro millóns de de automóbiles. Posteriormente, a compañía adoptou unha política de cambio anual de modelo similar ó que usan os fabricantes hoxe en día.
 
Durante os anos 30, Ford tamén superou a súa obxección ás compañías de finanzas, e a Universal Credit Company (propiedade de Ford) converteuse na maior operación de financiaciónfinanciamento de coches.
 
Henry Ford estaba moi interesado nos plásticos creados a partir de produtos agrícolas, especialmente da [[soia]]. Os plásticos a base de soia foron utilizados nos automóbiles Ford nos anos 30 nas partes plásticas como as bucinas, a pintura etc. O proxecto rematou en [[1942]], cando o [[13 de xaneiro]] Ford patentou un automóbil feito case por completo de plástico, suxeito a un marco de tubos soldados. Pesaba un 30% menos ca un coche estándar do mesmo tamaño, e dicíase que podía soportar golpes dez veces maiores que o aceiro. Ademais, utilizaba alcohol de grao (etanol, combustible alcohol) en vez de gasolina. O deseño nunca gañou moita popularidade.