Guerra civil estadounidense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
A Guerra Civil Estadounidense consistiu na loita entre 11 [[Rexión Sur (Estados Unidos)|estados do Sur]] (latifundista e [[aristocracia|aristócrata]]) contra os estados do Norte ([[industria]]lizado e dedicado a estilos máis modernos de vida). Esta diferenza de modos de vida considerase como unha das causas principais do conflito. Mentres o norte pasaba por un período de expansión económica grazas á industrialización, á protección ao mercado interno e á man de obra libre e asalariada, a economía do sur dependía da exportación de produtos [[agricultura|agropecuarios]] -especialmente do [[algodón]], cuxas exportacións eran a principal fonte de renda destes estados. A agricultura do sur, pola súa banda, dependía moito do uso do traballo [[escravitude|escravo]].
 
Ao longo das primeiras décadas do [[século XIX]], a inmigración masiva e a intensa industrialización fixeron que o poder do Norte no goberno crecese economicaeconómica e politicamente. Desenvolvéronse grandes tensións políticas e sociais entre o Norte e o Sur. En [[1860]], [[Abraham Lincoln]], un [[Partido Republicano (Estados Unidos)|republicano]] contrario á escravitude, venceu as eleccións presidenciais americanas. Lincoln, ao asumir o posto, alcumou os Estados Unidos ''"Casa Dividida"''.
 
En [[1861]], ano do inicio da guerra, o país consistía en 19 estados libres, onde a escravitude estaba prohibida, e 15 estados onde a escravitude era permitida. Ata o [[4 de marzo]], día en que Lincoln asumiu o posto de presidente, 11 estados escravistas declararan a súa separación da [[Estados Unidos de América|Unión]], e crearon un novo país, os [[Estados Confederados de América]]. A guerra comezou cando forzas confederadas atacaron o [[Fort Sumter]], un posto militar americano en [[Carolina do Sur]], o [[12 de abril]] de [[1861]], e rematou o [[28 de xuño]] de [[1865]], coa rendición das últimas tropas da Confederación.