Paul Cézanne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 19:
== Traxectoria ==
=== Familia e primeiros anos ===
Cézanne naceu o [[19 de xaneiro]] de [[1839]] na cidade de [[Aix-en-Provence]], no sur de [[Francia]].<ref name="Lindsay6">J. Lindsay ''Cezanne; his life and art'', p. 6.</ref> O 22 de febreiro, foi bautizado na igrexa parroquial, coa súa avoa e o seu tío Louis como padriños.<ref name="Lindsay6" /> O apelido «Cézanne» semella proceder da localidade actualmente [[italia]]na de [[Cesana Torinese|Cesana]] nos [[Vales Valdenses]], no Piamonte Occidental, asumíndose que se trata dun apelido de orixe italiana.<ref name="Lindsay3"> J. Lindsay ''Cezanne; his life and art'', p.3. </ref> O seu pai, Louis-Auguste Cézanne ([[28 de xullo]] de [[1798]] - [[23 de outubro]] de [[1886]]).<ref name=geneall>{{cita web|url=http://www.geneall.net/F/per_page.php?id=474155 |título=Louis Auguste Cézanne e Anne Elisabeth Aubert|dataacceso=20-3-2010}}</ref> era sombrereiro, convertíndoseconverténdose en banqueiro en [[1847]], como un dos socios fundadores da firma «Cézanne e Chabanel», que prosperou ao longo da vida do artista, o que lle permitiu unha seguridade financeira inacadable pra maioría dos seus contemporáneos. Por outro lado, a súa nai, Anne-Elisabeth Honorine Aubert ([[24 de setembro]] de [[1814]] – [[25 de outubro]] de [[1897]])<ref name=geneall/> era vivaz e romántica, pero ofendíase de xeito doado.<ref name="Vollard16">A. Vollard ''First Impressions'', p.16</ref> Dela Paul herdou o seu concepto e visión da vida.<ref name="Vollard16" /> Tiña tamén dúas irmas novas, Marie e Rose.<ref name="Lindsay6" /><ref name="Vollard14">A. Vollard, ''First Impressions'', p.14</ref>
[[Ficheiro:Overture.jpg|miniatura|dereita|200px|''Rapaza ao piano (A obertura de Tannhäuser),'' [[1869]], na que se atopan representadas a irmá e a nai de Cézanne]]
En [[1852]] comezou os seus estudos no colexio Bourbon (actualmente, Colexio Mignet) da súa cidade natal, onde entablou relación con [[Émile Zola]], que estaba nunha clase inferior.<ref name="Biography.com" /><ref name="Vollard14" /> Permaneceu alí durante seis anos, sendo alumno externo nos dous derradeiros anos de escola.<ref> J. Lindsay ''Cezanne; his life and art'', p.12</ref> En [[1857]] inscribiuse na Escola de Debuxo de Aix, asistindo aos cursos de Joseph Gibert, director da escola e do museo de belas artes da cidade.<ref name= GG> «La vida y el arte», pp. 27-70, en "Cézanne", Los grandes genios del arte, n.º 19, Eileen Romano (dir.), Unidad Editorial, S.A., 2005, ISBN 84-89780-71-4 </ref>