Universal Music Group: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
'''Universal Music Group''' ou '''UMG''', antigamente ''MCA Music Entertainment'', é a segunda maior gravadora da industria da [[música]], cunha cota do 25,5% no mercado, entrando polo tanto no grupo das catro maiores gravadoras do mundo. A súa dona é a empresa [[Vivendi]] . O seu [[catálogo]] inclúe algúns dos maiores artistas da actualidade como [[Amy Winehouse]], [[Selena Gomez]], [[Demi Lovato]], [[Bon Jovi]] ou [[Lady Gaga]].
 
Universal Music Group posueposúe unha editora musical, Universal Music Publishing Group, que se convertiuconverteu na máis grande do mundo despois de adquirir BMG Music Publishing en maio do [[2007]].
 
As oficinas centrais de Vivendi atópanse en [[París]], pero os cuarteis xerais de UMG están localizados en [[Santa Monica, California|Santa Monica]] e [[Nova York]]. As oficinas de [[Nova York]] adícanse principalmente á distribución internacional de Universal Records, mentres que as de Santa Monica supervisa o traballo da compañía en [[Canadá]] e os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Estas últimas son tamén a sede de [[Interscope Records]]. Tamén ten oficinas en [[Nashville]] e [[Miami]], no [[Reino Unido]] traballa dende [[Londres]] e [[Romford]], e en [[Xapón]] a súa sede está en [[Minato]], [[Tokyo]].