Diferenzas entre revisións de «Arsenio Martínez-Campos Antón»

==Durante o Sexenio Democrático==
 
En 1868 a raiña [[Isabel II]] foi destronada. Un ano despois Martínez-Campos será destinado a [[Cuba]], onde acababa de comezar a [[Guerra dos Dez Anos]]. Regresa a España tres anos logo como [[brigadier]] por méritos de guerra. Unha vez na Península, recibe o mando dunha brigada para combater os [[carlista]]s en [[Cataluña]]. En 1873, durante a [[Primeira República española]], o presidente [[Nicolás Salmerón]], encárgaonoméao Capitán Xeneral de Valencia e encárgalle submeter os [[Cantonalismo|cantóns]] de [[Almansa]] e de [[Valencia]], cousa que consegue sen demasiada dificultade, pero empregando toda a dureza posíbel; así a última cidade foi bombardeada e tomada a asalto.
 
O [[2 de xaneiro]] de [[1874]] o xeneral [[Manuel Pavía]] disolveu as Cortes republicanas, aínda que a Primeira República sobrevíu case todo ese ano, dirixida por Serrano, estaba ferida xa de morte.
Usuario anónimo