Nicolas Sarkozy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 213.60.0.214 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
m →‎Infancia: arranxiño
Liña 48:
En [[1944]], coa chegada das [[Exercito vermello|tropas soviéticas]], a familia Sarkozy sufriu a [[expropiación]] das súas propiedades e foi forzada a marchar ao [[exilio]]. Daquela comezou unha longa etapa de peregrinación por [[Europa]], que os levaría a [[Austria]] e [[Alemaña]], onde Pál coñecería a un recrutador da [[Lexión estranxeira francesa]].
 
Decidido a vivir unha grande aventura, enrolouse por un período de cinco anos iniciando a sía carreira militar en [[Alxeria]]. Porén esta viuse truncada cando foi declarado inútil para ser enviado á [[Guerra de Indochina]], e en [[1948]] é desmobilizado en [[Marsella]]. Unha vez en Francia, trocou o seu nome cara a un dunha aparencia máis francesa, trocando Nagybócsai Sárközy Pál (en [[húngaro]] o nome vai ao final), polo máis recoñecible Paul Sarkozy de Nagy-Bocsa. Alí converteuse en publicitario, e en [[1949]] casou con Andrée Mallah, filla dun [[cirurxián]] de [[París]] de orixe [[Xudeu sefardí|sefardí]], e que estudaba [[Dereito]].
 
En [[1952]] naceu o primeiro fillo da parella, Guillaume, futuro director de [[empresa]]s do sector téxtil. Tres anos máis tarde, en [[1955]], naceu Nicolas. En [[1958]] naceu François, o terceiro fillo, futuro [[pediatría|pediatra]] e investigador en [[bioloxía]].