Consorcio da Zona Franca de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 7:
A actual delegada do Estado é a [[Pontevedra|pontevedresa]] [[Teresa Pedrosa]], que preside as reunións mensuais do Comité Executivo, órgano encargado da xestión, administración e dirección desta institución pública. A Presidencia do Consorcio correspóndelle á Alcaldía de Vigo, sendo ocupada dende 2007 por [[Abel Caballero]].
 
== Relevancia ==
Como [[axencia de desenvolvemento económico]], non só é o principal promotor de parques empresariais na súa área de influencia, senón que proporciona ás empresas unha plataforma de servizos que van desde o financiamento —a través da empresa de capital risco Vigo Activo—, ata a axuda a emprendedores —a través dos Centros de Iniciativas Empresariais e das colaboracións coa [[Universidade de Vigo]] en capital semente— e a información económica para a toma de decisións —a través do servizo de información empresarial Ardán.
 
Existen ao redor de 350 empresas instaladas en diferentes parques promovidos polo Consorcio. No ano 2010, a Rede de Parques Zona Franca xerou o 26,57 % da riqueza da área de Vigo e o 25,56 % dos empregos da comarca. Actualmente trabállase para ampliar a oferta dos case 5 millóns de metros cadrados que se xestionan nos parques empresariais de Balaídos, Bouzas, A Granxa ([[O Porriño]]), o Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) e Porto do Molle, coa posta en marcha da Plataforma Loxística e Industrial de [[Salvaterra de Miño|Salvaterra]]-[[As Neves]] (PLISAN) e dun novo parque empresarial no municipio de Vigo.
 
== Delegados do Estado ==
Nomes e datas de nomeamento dos Delegados do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo:
*[[Rafael Portanet Suárez]]: 22 de setembro de 1947<ref>[http://www.boe.es/datos/pdfs/BOE/1947/282/A05567-05567.pdf Decreto de 22 de setembro de 1947]</ref>.
Liña 23:
 
== Historia ==
 
Unha grande parte do desenvolvemento de Vigo debeuse á actividade da súa Zona Franca. O Consorcio foi o promotor do Polígono de Balaídos, onde a finais da década dos 50 se instalou a factoría de [[Citroën]] Hispania (actual [[Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën]]), ao redor da cal se desenvolveu en Vigo un importante sector da automoción, do Parque Tecnolóxico de Valadares e das principais actuacións de solo industrial na área de influencia da cidade, ben como da grande operación de recuperación urbana ''Abrir Vigo ó Mar''. O Consorcio é a institución que conseguiu pór en marcha o Museo do Mar de Galicia para posteriormente devolvelo, completamente terminado, ao Goberno Galego. En máis de medio século de existencia, foi tendo un papel cada vez máis destacado non só nos engrenaxes económicos da cidade, senón tamén nas infraestruturas, no urbanismo e no apoio a todo o proceso empresarial, desde os emprendedores ata a industria madura.
 
Liña 47 ⟶ 46:
Ante este novo escenario que lle facía perder o seu carácter industrial, o Consorcio tivo que reformular a función da Zona Franca. Foi entón cando se decidiu crear no porto unha área comercial destinada a servizos, loxística, almacenamento e apoio ao tráfico internacional. Pero tamén chegara o momento de utilizar o patrimonio acumulado para seguir potenciando o crecemento económico de Vigo e iniciar outro tipo de actividades. O Consorcio da Zona Franca non tardaría en converterse nunha axencia de desenvolvemento local.
 
=== [[Axencia de desenvolvemento económico]] ===
[[Ficheiro:Monolito PTL CZFV.jpg|miniatura|Entrada ó Parque Tecnolóxico de Vigo.]]
 
A partir de 1989, as actividades estritamente comerciais da Zona Franca comezaron a desprazarse cara ao novo enclave portuario de Bouzas, onde o Consorcio obtivera da Autoridade Portuaria a concesión dunha superficie de 144.352 metros cadrados a cambio de comprometerse a realizar as infraestruturas necesarias para terminar o espazo gañado ao mar. Ao longo da década seguinte serían ocupadas todas as instalacións e, chegado o ano 2000, houbo que ampliar a superficie ata os 200.000 metros cadrados actuais onde as mercancías dispoñen de almacenaxe cuberta e descuberta con despacho de alfándega propio. A Bouzas trasladáronse tamén as oficinas centrais do Consorcio.