Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Viaxe do Parnaso: arranxiños
Victortpr (conversa | contribucións)
Arranxiños.
Liña 38:
 
=== Fuxida a Italia e a batalla de Lepanto ===
[[Ficheiro:Battle_of_Lepanto_1571.jpg|miniatura|260px|A batalla de Lepanto.]]
Conservouse unha providencia de Filipe II que data de [[1569]], onde manda prender a Miguel de Cervantes, acusado de ferir nun duelo un tal Antonio Sigura, mestre de obras. Se se tratara realmente de Cervantes, ese sería o motivo que lle fixo ir a [[Italia]]. Chegou a [[Roma]] en decembro do mesmo ano.<!--Cervantes xa publicara catro poesías de circunstancias; como se declara, entre outros lugares, na súa novela exemplar ''[[El licenciado vidriera]]''. Iso suporá un particular namoramento por parte de Cervantes pola literatura italiana.--> Alí leu os poemas cabaleirescos de [[Ludovico Ariosto]] e os ''Diálogos de amor'' do xudeu sefardita [[León Hebreo]] (Yehuda Abrabanel), de inspiración neoplatónica, que influirán na súa idea do amor. Cervantes imbúese do estilo e arte italianos.
 
Liña 52:
 
=== Cativerio en Alxer ===
[[Ficheiro:Miguel de Cervantes2.jpg|275px|miniatura|Miguel de Cervantes Saavedra (outro retrato imaxinario).]]
Durante o seu regreso desde [[Nápoles]] a [[España]] a bordo da galera "Sol", unha flotiña turca comandada por Arnaut Mamí fixo presos a Miguel e ao seu irmán Rodrigo o [[26 de setembro]] de [[1575]]. Foron capturados á altura de [[Cadaqués de Rosas]] ou [[Palamós]], actualmente chamada [[Costa Brava]], e levados a [[Alxer]]. Cervantes é adxudicado como escravo ao renegado grego [[Dali Mamí]]. O feito de que lle encontraron no seu poder as cartas de recomendación que levaba de don Juan de Austria e do [[Duque de Sessa]], fixo pensar aos seus captores que Cervantes era unha persoa moi importante e por quen poderían conseguir un bo rescate. Pediron quiñentos escudos de ouro pola súa liberdade.
Nos cinco anos de aprisionamento, Cervantes, un home cun forte espírito e motivación, tratou de escapar en catro ocasións. Para evitar represalias nos seus compañeiros de cativerio, fíxose responsábel de todo ante os seus inimigos. Preferiu a tortura á delación. Grazas á información oficial e ó libro de frei Diego de Haedo ''Topografía e historia xeral de Alxer'' ([[1612]]), temos posesión de novas importantes sobre o cativerio. Tales notas compleméntanse coas súas comedias ''Os tratos de Alxer''; ''Os baños de Alxer'' e o relato da historia do Cativo, que se inclúe na Primeira parte do Quixote, entre os capítulos 39 e 41. Non obstante, desde xa hai tempo sábese que a obra publicada por Haedo non era súa, algo que el mesmo xa recoñece. Segundo Emilio Sola, o seu autor foi Antonio de Sosa, beneditino compañeiro de cativerio de Cervantes e dialoguista da mesma obra. Daniel Eisenberg propuxo que a obra non é de Sosa, quen non era escritor, senón do grande escritor cativo en Alxer, escritos cos cales a obra de Haedo mostra moi extensas semellanzas. De ser certo, a obra de Haedo deixa de ser confirmación independente da conduta cervantina en Alxer, senón un máis dos escritos do mesmo Cervantes que loan o seu heroísmo. Véxase http://www.h-net.org/~cervantes/csa/artics96/topograf.htm
Liña 100:
== Alcances artísticos ==
 
[[Ficheiro:Honoré_Daumier_017_(Don_Quixote).jpg|miniatura|200px|Ilustración de Honoré Daumier.]]
 
Cervantes é sumamente orixinal. Parodiando un xénero que empezaba a periclitar, como é os [[libros de cabalerías]], creou outro xénero sumamente vivaz, a novela polifónica, onde se superpoñen as cosmovisións e os puntos de vista ata confundirse en complexidade coa mesma realidade, recorrendo incluso a xogos metaficcionais. Na época a épica podía escribirse tamén en prosa, e co precedente no teatro do pouco respecto aos modelos clásicos de [[Lope de Vega]], creou en suma a fórmula do [[realismo]] tal e como fora preparada en España por toda unha tradición literaria desde o ‘‘Cantar do Mío Cid’‘, ofrecéndolla a Europa, onde Cervantes tivo máis discípulos que en España. A novela realista enteira do século XIX está marcada por este maxisterio. Por outra parte, outra grande obra mestra de Cervantes, as ‘‘Novelas exemplares’‘, demostra a amplitude de miras do seu espírito e o seu desexo de experimentar coas estruturas narrativas. Nesta colección de novelas o autor experimenta coa [[novela bizantina]] (‘‘A española inglesa’‘), a [[novela policíaca]] ou criminal (‘‘A forza do sangue’‘, ‘‘O celoso estremeño’‘), o [[diálogo]] lucianesco (‘‘O coloquio dos cans’‘), a [[miscelánea]] de sentencias e donaires (‘‘O licenciado vidrera’‘), a [[novela picaresca]] (‘‘Rinconete e Cortadillo’‘), a narración constituída sobre unha [[anagnórise]] (‘‘La gitanilla’‘) etc...
Liña 131:
[[Ficheiro:Gustave Doré - Miguel de Cervantes - Don Quixote - Part 1 - Chapter 1 - Plate 1 "A world of disorderly notions, picked out of his books, crowded into his imagination".jpg|miniatura|Ilustración de [[Gustave Doré]].]]
 
É a novela cume da literatura en lingua española. A súa primeira parte apareceu en [[1605]] e obtivo unha grangrande acolleitaacollida pública. Pronto se traduciu ás principais linguas europeas e é unha das obras con máis traducións do mundo.
 
Nun principio, a pretensión de Cervantes foi combater o auxe que alcanzaran os libros de cabalerías, satirizándolos coa historia dun [[fidalgo]] [[A Mancha|manchego]] que perdeu a cordura por lelos, créndose cabaleiro andante. Para Cervantes, o estilo das novelas de cabalerías era pésimo, e as historias que contaban eran disparatadas. Malia iso, a medida que ía avanzando o propósito inicial foi superado, e chegou a construír unha obra que reflectía a sociedade do seu tempo e o comportamento humano.