Guillerme II de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 147:
Cando Berlín recibiu a noticia da mobilización rusa, foilles posible aos ansiosos oficiais militares e á Oficina de Asuntos Exteriores de Alemaña de persuadir ao [[káiser]] de que asinase a orde de mobilización. Dise que ao asinar a orde de mobilización, Guillerme II exclamou: «Arrepentiranse disto, cabaleiros». Finalmente, o [[1 de agosto]] de 1914, Alemaña declarou a guerra a Rusia.
 
Non é fácil demostrar que Guillerme II quixese activamente desatar a [[Primeira Guerra Mundial]]. Malia que tiña desexos de que o Imperio Alemán fose unha potencia mundial, nunca foi intención de Guillerme II conxurar un conflito de gran escala para lograr tales fins. Simplemente quería que o [[Imperio alemán|Imperio Alemán]] prosperase en paz sen afectar negativamente a ningún outro [[país]]. Malia saber que unha guerra a escala global era inminente, fixo grandes esforzos para preservar a paz, como demostra a súa correspondencia con Nicolao II e a súa interpretación optimista do ultimato [[Imperio austrohúngaro|austrohúngaro]] de que as tropas desa potencia non irían máis lonxe de [[Belgrado]], limitando así o conflito. A referencia británica contemporánea da Primeira Guerra Mundial de ser a Guerra do Káiser, da mesma xeito que a Segunda Guerra Mundial foi chamada a [[Segunda Guerra Mundial|Guerra de Hitler]], é vista actualmente como infundada (e ata certo punto inxusta) ao suxerir que Guillerme II fose persoalmente culpable de desatar o conflito.
 
=== Inicio da guerra ===