Confucio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: arranxiño
→‎Filosofía: texto traducido desde a wiki es:Confucio#Filosofía
Liña 34:
 
Unha popular tradición sobre a súa vida establece que aos 50 anos de idade converteuse en maxistrado de Zhongdu e un ano despois foi nomeado para exercer en Lu un cargo equivalente ao de ministro de xustiza. Confucio establecería numerosas reformas que conduciron a unha administración de xustiza caracterizada pola súa imparcialidade e á práctica erradicación do crime. Lu chegou a ser tan poderoso que o gobernante dun estado veciño intrigou para conseguir a destitución do ministro. É máis probable, con todo, que só fora un funcionario menor. En calquera caso, Confucio deixou o seu cargo no [[-496|496 a.C.]]
== Filosofía ==
{{AP|Confucianismo}}
 
A esencia dos seus ensinos concentrase na boa conduta na vida, o bo goberno do estado (caridade, xustiza, e respecto á xerarquía), o coidado da tradición, o estudo e a meditación. As máximas virtudes son: a tolerancia, a bondade, a benevolencia, o amor ao próximo e o respecto aos maiores e antepasados. Se o príncipe é virtuoso, os súbditos imitarán o seu exemplo: gobernante/súbdito, marido/muller e pai/fillo. Unha sociedade próspera só se conseguirá se se manteñen estas relacións en plena harmonía. A base da doutrina confuciana é recuperar aos antigos sabios da cultura chinesa e influír nos costumes do pobo.
 
O mestre Hong foi o primeiro que reuniu a un grupo de discípulos provenientes de distintos principados para formalos adecuadamente no bo goberno. Xunto coas medidas a tomar que xa formulara na súa época de novo funcionario, propuxo levar á práctica as súas ideas baseándose no respecto das [[Tres Dinastías]] e recuperar a política do [[Duque de Tcheu]]. Confucio confiaba en que un príncipe seguise as súas indicacións. Deste xeito, ao final dun ciclo de doce meses, logrouse algún resultado; en tres anos, o seu proxecto social consumouse á perfección. Podemos resumir a doutrina confuciana nunha serie de mandatos que deberían ser os principais deberes de todo home de goberno:
# Amar ao pobo, renovalo moralmente e procurarlle os medios necesarios para a vida acotio.
# Por este motivo, debe servirse en primeiro termo con soberano respecto a ''Aquel que é o Primeiro Dominador''.
# Cultivar a virtude persoal e tender sen cesar á perfección.
# Na vida privada como na pública, observar sempre o carreiro superior do «Xusto Medio».
# Ter en conta as dúas clases de inclinación propias do home: unhas proceden da carne e son perigosas; as outras pertencen á razón e son moi sutís e fáciles de perder.
# Practicar os deberes das cinco relaciones sociais (explicadas máis abaixo).
# Ter por obxecto final a paz universal e a harmonía xeral.
 
No pouco legado escrito que deixou, [[Analectas]], unha colección de conversacións cos seus discípulos, vemos que baseaba toda a súa filosofía moral nun ensino central: o [[Ren (mitoloxía)|ren]] (jen), que é a virtude da humanidade e á súa vez está baseada na benevolencia, a lealdade, o respecto e a reciprocidade. Estes valores son imprescindibles nas relacións humanas, que Confucio describiu:
# Entre gobernador e ministro.
# Entre pai e fillo.
# Entre marido e muller.
# Entre irmán maior e irmán menor.
# Entre amigos.
 
Estas relacións teñen, ademais, unha característica principal: o superior ten a obrigación de protección e o inferior, de lealdade e respecto. En último termo, todas as persoas están suxeitas á [[vontade do Ceo]] (''(tiamchi; t'ien-chih)''), que é a realidade primeira, a fonte máxima de moralidade e de orde. Non é o tema de especulación, pero en certo xeito está relacionado mediante o ritual. Nalgúns textos é sinónimo de Shang-ti, o señor supremo. O Emperador gobernaba por mandato do Ceo.
 
Segundo Confucio, ademais do ren e as relacións adecuadas, son precisos os rituais e o sacrificio regular. O culto ao Ceo requiría do emperador, en tanto que «fillo do Ceo», que realizase un sacrificio animal ao ano no templo do Ceo de [[Pequín]]. Tamén se ofrecían sacrificios á terra, ao sol, á lúa e aos antepasados imperiais.
 
No entanto, todo o que Confucio quixo levar a cabo non era novo, senón que correspondía, como el mesmo confesaba, ao xa dito por unha longa tradición de sabios. As súas ideas estaban baseadas nunha herdanza espiritual que a escola dos ru ou letrados, e máis concretamente o mesmo Confucio, habían compilado e sistematizado de forma sublime.
 
Tamén, atribúense a Confucio os «[[Cinco Clásicos]]», que apareceron con posterioridade á morte do mestre. Tras esta, a súa obra e a súa vida convertéronse en obxecto de culto e xeraron todo un paradigma en torno aos seus ensinos, os cales, alcanzan os nosos días.
 
== Véxase tamén ==