Confucio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
→‎Traxectoria: texto traducido desde a wiki es:Confucio#Vida
Liña 20:
'''Confucio''' (孔夫子) nado o [[28 de setembro]] de [[-551|551 a.C]] en [[Qufu]] durante a [[Dinastía Zhou]] e finado no mesmo lugar en [[-479|479 a.C.]], foi un pensador e [[filósofo]] [[China|chinés]]. As súas ensinanzas influíron fondamente en [[Asia]] oriental durante vinte séculos, e sobre elas formouse o [[confucianismo]].
 
== Traxectoria ==
Seu pai morreu cando Confucio tiña tres anos, deixándo á familia na pobreza, xa dende novo traballou para a administración do [[estado de Lu]], e mesmo chegou a ministro de xustiza. Comezou as súas ensinanzas os 50 anos, a súa fama como home de saber e carácter e a súa veneración polas ideas e costumes tradicionais axiña se propagou polo principado de Lu e por toda China. Nun comezo as súas ideas non foron ben aceptadas polos gobernantes, pero dende a [[dinastía Han]], diversos emperadores inspiráronse na obra de Confucio para organizar a sociedade chinesa.
Naceu no pobo de Zou no antigo [[Lu (estado)|estado de Lu]], actual provincia de [[Shandong]], no seo dunha familia de terratenentes nobres, o clan dos Kong. O seu pai morreu cando Confucio tiña tres anos e deixou á familia na pobreza. Confucio, malia iso, recibiu unha esmerada educación.
 
Sendo aínda novo, traballou para a administración do Estado de Lu. O seu primeiro traballo foi nos celeiros estatais e chegou a alcanzar o rango de ministro de xustiza. Dimitiu do cargo anos máis tarde, xa que non estaba de acordo coa política que seguía o príncipe.
 
Unha das súas grandes influencias foi [[Zi Zhaan]], primeiro ministro de [[Cheng]], quen introduciu o primeiro código xurídico na China. Tamén influíu en Confucio o escepticismo da súa época no concernente á relixión, pois por mor de sufrir moitas guerras perdeuse a fe nos deuses.
 
Aos cincuenta anos comezou os seus ensinos. Viaxaba só dun lado a outro instruíndo aos contados discípulos que se reunían en torno a el. A súa fama como home de saber e carácter, con gran veneración cara ás ideas e costumes tradicionais, pronto se propagou polo principado de Lu, e logo a toda China.
 
A partir da [[dinastía Han]], diversos [[emperador]]es inspiráronse na obra de Confucio para organizar a sociedade chinesa. Nos séculos posteriores os seus ensinos exerceron unha poderosa influencia na [[filosofía]] e na [[historia da China]].
 
Durante a segunda metade da época na que a China estivo rexida pola [[dinastía Zhou]], antes de Confucio, o goberno central sufriu un proceso de dexeneración e decadencia, e as intrigas e a relaxación de costumes xeneralizáronse. Confucio lamentaba a desorde característica daqueles tempos, así como a ausencia de modelos morais que revertiran tal situación. Por iso, chegou á conclusión de que o único remedio era recuperar e difundir entre a poboación os principios e preceptos dos sabios da antigüidade. Por este motivo instruía aos seus estudantes nos clásicos da [[literatura chinesa]]. Tamén subliñou a importancia da música chinesa, que naquela época tiña funcións cerimoniais e relixiosas nas prácticas do estado e do culto. Propugnou o gran valor do poder do exemplo. Os gobernantes, dicía, só poden ser grandes se levan vidas exemplares e guíanse por principios morais. Desta forma, os cidadáns dos seus estados terían o necesario estímulo para alcanzar a prosperidade e a felicidade.
 
Unha popular tradición sobre a súa vida establece que aos 50 anos de idade converteuse en maxistrado de Zhongdu e un ano despois foi nomeado para exercer en Lu un cargo equivalente ao de ministro de xustiza. Confucio establecería numerosas reformas que conduciron a unha administración de xustiza caracterizada pola súa imparcialidade e á práctica erradicación do crime. Lu chegou a ser tan poderoso que o gobernante dun estado veciño intrigou para conseguir a destitución do ministro. É máis probable, con todo, que só fora un funcionario menor. En calquera caso, Confucio deixou o seu cargo no [[-496|496 a.C.
 
== Véxase tamén ==