Ireneu de Lión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
==Biografía==
Irineo naceu na primeira metade do século II (segundo uns, entre os anos 115 e 125, segundo outros entre 130 e 142). Crese que fora grego, nado na mesma cidade que Policarpo, [[Esmirna]], en [[Anatolia|Asia Menor]], (hoxe İzmir, [[Turquía]]).<ref>O propio Ireneo conta (Contra as herexías 3.3.4, cf Eusebio ''Historia Ecclesiastica'' 5.20.5ff) que na súa 'mocidade' viu a Policarpo, bispo de Esirna martirizado c156. Esta é a proba usada para supór que Irineo naceu en Esmirna arredor da década que vai de 130 a 140.</ref> A diferenza de moitos dos seus contemporáneos, non se converteu na idade adulta senón que se criou nunha familia cristiá.
Durante a persecución de [[Marco Aurelio]], emperador romano entre 161 e 180, Irineo foi crego da Igrexa de [[Lión]]. O clero desa cidade, que tiña moitos dos seus membros encarcerados, en 177 enviouno cunha carta para [[Papa Eleuterio, papa|Eleuterio]], o bispo de Roma, na que pedía tratar con suavidade aos [[Montanismo|montanistas]] de [[Frixia]].
Mentres Irineo estaba en [[Roma]], en Lión ocorreu unha matanza. Xa volto na [[Galia]], Ireneo sucedeu ao martirizado primeiro bispo de Lión, [[Potino]].<ref>Eusebio, ''Historia Ecclesiastica'' 5.4.1</ref>
Sábese pouco sobre a súa carreira como bispo. Despois da persecución de Marco Aurelio seguiu certa paz relixiosa. Irineo escribiu obras contra o gnosticismo. A máis famosa é ''Adversus haereses'' ("Contra as herexías") un tratado de 5 volumes de arredor do ano 180. Ireneo suxire que tería contacto con gnósticos e os seus escritos, e isto quizais acontecera en Asia Menor ou Roma.<ref>Irineo, ''Contra as herexías'', 1.pr.2, 4.pr.2</ref> Porén, parece que tamén había gnósticos preto de Lión: Irineo escribe que había seguidores de [[Simón o Mago]] que vivían e ensinaban no val do [[RódanoRío (río)Ródano|Ródano]].<ref>Eusebio, ''Historia Ecclesiastica'' 5.24.1</ref>
A última acción rexistrada sobre el (por [[Eusebio de Cesarea|Eusebio]], 150 anos despois) é que en 190 ou 191 influiu sobre o bispo romano Vítor I para que non excomungase as comunidades cristás de Asia Menor que seguían a celebrar a [[Pascua cristiá|Pascua]] o 14 de [[Nisán]] (é dicir, na data tradicional xudía).<ref>Eusebio, ''Historia Ecclesiastica'' 5.24.1</ref>
Descoñécese cando morreu, mais ocorrería a finais do século II ou comezos do I. Algúns católicos e ortodoxos considérano mártir.<ref>Gregorio de Tours é o primeiro en mencionar a tradición que considera que Irineo foi mártir.</ref> Foi sepultado baixo a [[Igrexa de San Xoán de Lión]], despois renomeada Santo Irineo no seu honor. En 1562 a tumba e os seus restos foron destruídos polos [[hugonotes]].
Liña 18:
===Contra as herexías===
A obra foi escrita en [[Lingua grega antiga|grego]] en 180, mais axiña traducida ao [[Lingua latina|latín]]. Ten cinco volumes ou libros. No primeiro Irineo fala dos [[gnósticos valentinianos]] e os seus predecesores, quen fai remontar a [[Simón o Mago]]. No segundo libro tenta probar que o [[valentinianismo]] non ten méritos doutrinais. No terceiro pretende demostrar a falsidade desa herexía con evidencias que colle dos evanxeos. O cuarto libro consiste en ditos de Xesús, e Irineo salienta a unidade do [[Antigo Testamento|''Antigo testamento'']] cos [[Evanxeo|Evanxeos]]. No último volume Irineo céntrase en máis ditos de Xesús e ademais nas cartas de [[Paulo de Tarso|Paulo o Apóstolo]].<ref>Grant, Robert M., ''Irenaeus of Lyons'', p. 6. Routledge 1997</ref>
O propósito de ''Contra as herexías'' foi refutar os ensinos de diversos grupos gnósticos; aparentemente, varios mercadores gregos comezaran unha campaña oratoria no bispado de Irineo, ensinando que o mundo material era unha creación accidental dun deus mao, do cal temos que escapar procurando a [[gnose]] (coñecemento). Irineo sostivo que a verdadeira gnose é o coñecemento de Cristo, que redime, máis que liberar da existencia corpórea. Ata a descuberta da [[Biblitoteca de Nag Hammadi]] en 1945, ''Contra as herexías'' foi a mellor descrición do gnosticismo que se tiña. De acordo con algúns estudosos bíblicos, o achado de ''Nag Hammadi'' amosou que a descrición de Irineo sobre o gnosticismo era moi cuestionable.<ref>Pagels, Elaine. ''Beyond Belief'', Pan Books, 2005. p. 54</ref><ref>Robinson, James M., ''The Nag Hammadi Library'', HarperSanFrancisco, 1990. p. 104.</ref> Aínda que correcta nalgúns detalles sobre o sistema de crenzas de diversos grupo, o principal propósito de Irineo era previr aos cristiáns respecto ao gnosticismo, máis que catalogar esas crenzas. Irineo describe aos gnósticos como libertinos sexuais, por exemplo, cando algúns dos escritos destes grupos avogan pola castidade con máis énfase que os textos ortodoxos —se ben os textos non poden ser tidos como guías das prácticas reais, das que non se sabe fiablemente case nada ata hoxe.<ref>Pagels, Elaine. ''The Gnostic Gospels'', Vintage Books, 1979. p. 90.</ref><ref>Ehrman, Bart D., ''Lost Christianities'' (Oxford University Press, 2005), p. 121.</ref>
Porén, polo menos un estudoso, Rodney Stark, sostén que a propia Biblioteca de Nag Hammadi proba que Irineo tiña razón.<ref>Stark, Rodney. ''Discovering God'' (New York: HarperCollins, 2007), pp. 325–327</ref> Por exemplo, Irineo escribiu: "Declaran que [[Xudas Iscariote|Xudas]] o traidor estaba completamente informado destas cousas, e que só el, coñecendo a verdade coma ningún outro, cumpriu o misterio da traizón; por el [Xudas] todas as cousas son así botadas na confusión. Eles crean unha historia ficticia desta clase, a cal intitulan o Evanxeo de Xudas."<ref>Irineo. Contra as herexías, I:31.1.</ref> Esta afirmación resultou confirmada pola descuberta do [[Evanxeo de Xudas]], onde Xesús pide a Xudas que o traizoe.
En calquera caso, os gnósticos non eran un só grupo, senón un conxunto de [[Seita|seitas]]. Algúns serían libertinos pois consideraban sen sentido a existencia corpórea; outros loaban a castidade e prohibían vehementemente calquera actividade sexual, mesmo o matrimonio.<ref>Stark, Rodney. ''Cities of God'', Harper Collins, 2007. cap. 6</ref>
Liña 41:
===Vida de Cristo===
Parte do proceso de recapitulación é que Cristo pasara por todas as fases da vida humana, desde a infancia ata a vellez, e simplemente vivíndoas, santifícaas coa súa divindade. Aínda que ás veces se supón que Irineo cría que Cristo non morrera ata ser máis vello do que convencionalmente se di, o bispo de Lión só se referiu a que, como Xesús chegou a idade permitida para ser un [[Rabino|rabí]] (30 anos), recapitulou e santificou, segundo a periodización da vida humana tradicional xudía, o período entre os 30 e os 50 anos, e así tocou o inicio da vellez, cando unha persoa chega aos 50 anos. (véxase ''Contra as herexías'', Libro II, capítulo 22).
Na devandita pasaxe de ''Contra as herexías'', Irineo claramente di que despois de recibir o [[bautismo]] á idade de trinta anos, citando ''Lucas 3:23'', os gnósticos a continuación afirman falsamente que "El [Xesús] predicou só un ano a partir do seu bautismo", e tamén "Ao completar o seu trixésimo ano El [Xesús] padeceu, sendo, de feito, aínda mozo, e de ningún xeito acadou unha idade avanzada." Irineo argumenta contra os gnósticos usando as escrituras para amosar que Xesús vive, polo menos, varios anos despois do seu bautismo, referindo a 3 visitas a [[Xerusalén]] nitidamente separadas. A primeira, cando Xesús converte auga en viño, vai ata o día da festa pascal, despois do cal se retira e se atopa en Samaria. A segunda, cando Xesús vai a Xerusalén para a [[Semana Santa]] e cura ao paralítico, despois do cal se retira polo [[Mar de Galilea|mar de [[Tiberíades]]. A terceira mención é cando viaxa a Xerusalén, cea na [[Pascua xudía|Pascua]], e padece o día seguinte.<ref>A.H. 2.22.5</ref>
Irineo cita as escrituras, que nós citamos como Xoán 8:57, para suxerir que Xesús aínda predicaba cando tiña 40 anos. Irineo tamén escribe que "Os anciáns son testemuñas disto, quen en Asia se reuniron con Xoán o discípulo do Señor, no sentido de que Xoán lles entregara isto: pois residiu con eles ata os tempos de Traxano. E algúns deles non veron soamente a Xoán, senón tamén outros dos apóstolos, e tiñan o mesmo relato dado por eles, e testemuña da devandita relación. "<ref>A.H. 2.22.5</ref>
En Demostración (74) Irineo reforza a súa opinión de que Xesús tiña polo menos 45 coa afirmación "Pois [[Herodes Antipas|Herodes]] o rei dos xudeus e [[Poncio Pilatos]], o gobernador de [[Claudio|Claudio César]], reuníronse e condenárono a ser crucificado."<ref>https://web.archive.org/web/20140429052925/http://m.ccel.org/ccel/irenaeus/demonstr.preaching_the_demonstration_of_the_apostolic_preaching.html</ref> Isto dataría a crucifixión non antes de 42 d. C.<ref>Véxase Robert M Price. "Jesus at the Vanishing Point," en James K. Beilby & Paul Rhodes Eddy (eds.) ''The Historical Jesus: Five Views''. InterVarsity, 2009, p. 80-81.</ref>
 
==Uso das [[epístolas paulinas]]==