Ireneu de Lión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24:
==Escrituras==
Irineo sinala como proba de ortodoxia as Escrituras, clasificando como tales non só o Antigo testamento senón a maioría dos libros hoxe coñecidos como Novo testamento,<ref>Cross, F. L., ed. ''The Oxford Dictionary of the Christian Church'' (Nueva York: Oxford University Press, 2005)</ref> e exclúe moitas obras, maioritariamente gnósticas, que xurdiran no século II e que reclamaban ter autoridade como escrituras.<ref>Encyclopaedia Britannica: Saint Irenaeus". Encyclopedia Britannica. Dispoñible en liña en http://www.britannica.com/biography/Saint-Irenaeus. Consultado o 24 de novembro de 2014.</ref> A miúdo Irineo, como estudante de Policarpo, un suposto discípulo directo de Xoán, cría estar a interpretar as escrituras coa mesma hermenéutica que os apóstolos.<ref>Farmer, Hugh (1997). The Oxford Dictionary of Saints (Fourth ed.). Oxford: Oxford University Press. p. 250. ISBN 0-19-280058-2.</ref> Isto é importante, pois Irineo sostiña que, aínda que tanto el como os gnósticos dicían basear os seus argumentos nas escrituras, el podía remontar a súa autoridade ata Cristo, e os gnósticos non, polo tanto, el tiña razón.<ref>J.T. Nielsen, ''Adam and Christ in the Theology of Irenaeus of Lyons: An Examination of the function of the Adam-Christ Typology in the Adversus Haereses of Ireaneus, against the Background of the Gnosticism of His Time''. Van Gorcum's Theologische Bibliotheek. (Asen, The Netherlands: Koninkliijke Van Gorcum 7 Comp. N.V., 1968), p. 48-49.</ref> Tamén usou a "Regra da fe ",<ref>Irineo, Contra as herexías, III.4.2. e IV.33.7.</ref> un "proto-credo" con similitudes co credo dos apóstolos, como unha clave hermenéutica para soster que a súa interpretación das escrituras era a correcta.<ref>Paul Parvis, "Who was Irenaeus? An Introduction to the Man and His Work", en ''Irenaeus: Life, Scripture, Legacy'', ed. Sara Parvis e Paul Foster (Minneanpolis: Fortress Press, 2012), 20.</ref>
Antes de Irineo, os cristiáns diferían canto aos evanxeos que preferían. Os cristiáns de Asia Menor preferían o de Xoán. O de Mateo era o máis popular de todos.<ref> Harris, Stephen L., ''Understanding the Bible'' (Palo Alto: Mayfield, 1985)</ref> Irineo afirmou que os evanxeos de Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, eran escrituras canónicas.<ref>"Pero non é posible que os Evanxeos sexan en número nin máis nin menos dos que son. Pois así como existen catro zonas do mundo no que vivimos e catro ventos principais, como a igrexa espallouse por todo o mundo, e como a 'columna e base" da Igrexa é o Evanxeo e doo espírito de vida, é xusto que sexan catro piares, que respiren incorruptibiliade por todos os lados, e vivifiquen o humano outra vez. A partir deste feito, está claro que o Logos, o Demiurgo Formador de todo, el que se senta por sobre os querubíns e une todas as cousas, cando se manifestou á humanidade, deunos o evanxeo baixo catro formas, pero unidos por un só espírito". ''Contra as Herexias'' 3.11.8</ref> Así deu o testemuño máis antigo a favor dos catro evanxeos ata hoxe considerados canónicos. Posiblemente o fixera reaccionando contra a versión editada de Lucas feita por Marción, quen afirmaba que o de Lucas era o único evanxeo verdadeiro.<ref>Brown, Raymond E. ''An Introduction to the New Testament'', p. 14. Anchor Bible; 1ª edición (13 de outubro de 1997). Dispoñible en liña en http://www.amazon.com/gp/reader/0385247672/. ISBN 978-0-385-24767-2.</ref><ref>"The Development of the Canon of the New Testament - Irenaeus". Dispoññible en liña en http://www.ntcanon.org/Irenaeus.shtml. Consultado o 24 de novembro de 2014.</ref>
Algúns intérpretes, baseándose nos argumentos que da Irineo para apoiar só catro evanxeos, deducen que na época de Irineo o concepto de catro evanxeos auténticos entre os existentes sería unha novidade.<ref>McDonald & Sanders, ''The Canon Debate'', 2002, p. 277</ref> Contra as herexías 3.11.7 recoñece que moitos cristiáns heterodoxos usan só un evanxeo mentres que 3.11.9 recoñece que algúns usan máis de catro.<ref>McDonald & Sanders, p. 280. Tamén p. 310, resumindo 3.11.7: os ebionitas usan o Evanxeo de Mateo, Marción mutila o de Lucas, os docetistas usan o de Marcos, os valentinianos usan o de Xoán</ref> O éxito do Diatessaron de Taciano (unha harmonización dos catro evanxeos nunha sóa narración), aproximadamente na mesma época (c 150–160) é "... unha poderosa indicación de que o evanxeo cuádruplo que contemporaneamente promovía Irineo non era recoñecida amplamente, e moito menos universalmente."<ref>McDonald & Sanders, p. 280</ref>
Irineo tamén é o testemuño máis antigo de que o Evanxeo de Xoán foi escrito por Xoán o Apóstolo,[41] e que o de Lucas foi escrito por Lucas, el compañeiro de Paulo.<ref>McDonald & Sanders, p. 267</ref>