País Vasco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 45:
O '''País Vasco'''<ref>{{DRAG|vasco}}</ref> (en [[lingua éuscara|éuscaro]], ''Euskadi'' ou ''Euskal Autonomia Erkidegoa'', ''"Comunidade Autónoma Vasca"'') é unha [[comunidade autónoma]] situada no norte de [[España]]. Limita con [[Cantabria]] ao oeste, con [[Navarra]] ao leste, con [[Castela e León]] e [[Logroño]] ao sur, e co [[mar Cantábrico]] e [[Francia]] ao norte. Comprende boa parte do territorio onde se fala o [[lingua éuscara|éuscaro]]<ref>O [[lingua éuscara|éuscaro]] é unha lingua non [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]] que conta coa súa propia [[:eu:|Wikipedia]].</ref>.
 
O País Vasco é considerado unha [[nacionalidade histórica]] recoñecida na [[Constitución española de 1978|Constitución española]] con estatuto de comunidade autónoma. O País Vasco consta das seguintes tres provincias: [[Guipúscoa]] (''Gipuzkoa'', en [[éuscaro]]), [[Biscaia]] (''Bizkaia'') e [[Áraba]] (''Araba''), cuxas capitais son [[Donostia]], [[Bilbao]] e [[Vitoria]] (''Gasteiz''). A capital e tamén a sede do [[Parlamento Vasco|Parlamento]] (''Eusko Legebiltzarra'') e do [[Goberno Vasco|goberno autonómico]] (''Eusko Jaurlaritza'') é [[Vitoria]].
 
Cunha forte forza do [[nacionalismo]] e [[independentismo]], tanto politicamente de esquerdas (chamado [[abertzale]]) como de dereitas, a estratexia militar armada para conseguir estes obxectivos maniféstase no grupo terrorista [[ETA]] e politicamente en grupos ilegalizados coma [[Herri Batasuna]], [[Euskal Herritarrok]] ou [[Aukera Guztiak]]. Historicamente, o símbolo desta súa identidade independente é a árbore da vila biscaina de [[Árbore de Gernika|Gernika]], que precisamente foi bombardeada salvaxemente pola aviación [[nazi]] en axuda ao exército [[Franco|franquista]] na [[guerra civil española]].