Emerald Coast: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Eliminación de avisos
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 26:
A regular presenza militar na rexión permitiu moitas aparicións da Costa Esmeralda no cinema, sendo a primeira as prácticas de despegue dos participantes na [[Incursión Doolittle]] para a película ''[[Thirty Seconds Over Tokyo]]'' (''Trinta Segundos Sobre Toquio''), filmado en [[Peel Field]], un campo de adestramento auxiliar de [[Eglin Field]], en [[1944]]. Tamén foron rodadas en Eglin algunhas escenas do filme de [[1949]] ''[[Twelve O'Clock High]]'' (''Almas na fogueira''), outro traballo sobre a Segunda Guerra Mundial.
 
En [[1972]] o filme de eco-[[Cine de terror|terror]] ''[[Ras (película)|RasFrogs]]'' (''FrogsRas'') foi rodado no [[Condado de Walton, Florida|Condado de Walton]], tanto dentro como nos arredores da Wesley House, unha vella mansión sureña situada no [[Parque Estatal Eden Gardens]], na cidade de [[Point Washington, Florida|Point Washington]], situada en Tucker Bayou na [[Baía de Choctawhatchee]].
 
Os exteriores e bastantes escenas de interior da película de [[1998]] ''[[The Truman Show]]'' (''O show de Truman'') foron rodadas en Seaside<ref>{{cita web |url=http://www.imdb.com/title/tt0120382/trivia?ref_=tt_trv_trv |páxina-web=IMDb |título=The Truman Show. Trivia |dataacceso=26-12-2015 |idioma=en}}</ref>. Varias escenas de ''[[Jaws 2]]'' (''Tiburón 2''), de [[1978]], foron filmadas tamén na rexión. Os interiores da sala de [[pinball]] na que os rapaces pasaban o tempo foron rodados en Fort Walton Beach, na localización desaparecida do ''Hog's Breath Saloon'', en [[Okaloosa Island, Florida|Okaloosa Island]]. Ademais, o tren de rodaxe sobre o que se colocou ao tiburón (coñecido polo equipo co alcume de ''Bruce the Shark'') situouse no fondo do golfo en [[Navarre Beach, Florida|Navarre Beach]] e a comunidade continental de [[Navarre, Florida|Navarre]].