Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Don Quixote da Mancha: texto traducido desde a wiki .es
Liña 158:
‘‘A Gitanilla’‘ é a máis longa das novelas exemplares, e pode ter elementos autobiográficos nunha historia amorosa que tivo un parente afastado de Cervantes. Como moitas outras destas tramas, céntrase no artificio da agnición ou recoñecemento dunha persoa ao final da obra. Trátase dunha moza de orixe nobre raptada por uns xitanos e educada por eles, e un nobre que se namora e decide levar vida de xitanos tras ela, ata que ao fin se descubre todo e a historia termina felizmente, posibilitándose o matrimonio da parella.
 
‘‘O amante liberal’‘ é unha novela moriscamourisca onde tamén aparece o tema do rapto e onde se satirizan os amores homosexuais dos árabes.
 
En ‘‘Rinconete e Cortadillo’‘ dous rapaces "desgárranse" (foxen da casa familiar) e emprenden unha vida picaresca con axuda da baralla e do furto, ata que van a parar a Sevilla e son captados por unha asociación mafiosa de malfeitores, unha especie de sindicato do crime sevillano gobernado como unha confraría polo irmán maior, Monipodio. Diversas escenas de entremés onde se presentan alguacís corruptos, ladróns, matóns, chulos e putas constitúen o final da novela, tras o cal os pelos rapaces deciden rexenerarse.
 
N´''A española inglesa'' o rapto volve a aparecer na persoa dunha moza raptada na invasión inglesa de Cádiz e que se educa en Londres como dama de compañía da reina Isabel I de Inglaterra. Perde o cabelo por un bebedizo maispero todo arránxase ao final.
 
N´''O licenciado Vidrera'' o estudante pobre Tomás Rodalla marcha a Salamanca a estudar acompañando a un nobre e alí licenciase con honra, maispero perde a razón a causa dun filtro de amor que lle subministraron en segredo e cre ter o corpo de vidro. Porén, a súa agudeza é sorprendente e todos o consultan. A novela é en realidade unha colección de agudezas en prosa, ao estilo dunha miscelánea. Finalmente recobra o xuízo, maispero xa ninguén o contrata nin vai velo.
 
N´''A forza do sangue'' constrúese un relato case policíaco, no que unha doncela violada cos ollos tapados logra reconstruír intelectualmente o crime ata dar co culpábel e forzar de el que se rúa con ela restituíndo o seu honra.
Liña 172:
En ‘‘A ilustre fregona’‘ desgárranse dous mozos que pretenden facerlle as beiras á moi bela moza dunha posada. Un logra o seu propósito, outro non.
 
‘‘O casamento enganoso’‘ narra oa timoestafa que fai unha señorita a un militar casándose con el; el ignora que é unha prostituta, e esta abandónao deixándolle unha enfermidade venérea que debe purgar con suores no hospital de Atocha, onde transcorre a próxima novela.
 
En ‘‘O coloquio dos cans’‘ o militar, que está purgando a súa enfermidade en medio de fortes febres, asiste de noite á conversación entre dous cans, Cipión e Berganza; un conta ao outro a historia da súa vida e os seus moitos (e moi desvergonzados) amos e deixan para o día seguinte a relación do outro.