Convención de Berna para a protección das obras literarias e artísticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m →‎Contido: arranxiño
Liña 12:
# As obras literarias orixinadas nalgún dos estados contratantes poderán recibir en cada un dos demais estados contratantes a mesma protección que estes outorgan ás obras da súa propia cidadanía.
# Esa [[protección]] non debe estar condicionada ao cumprimento de formalidade ningunha.
# Esa protección é independente da existencia dunha protección correspondente no país de orixe da obra. Porén, se un estado contratante prové un prazo máis longo que o mínimo prescrito pola convención, e a obra deixa de estar protexida no país de orixenorixe, a protección pode serlle negada unha vez que cese a protección no país de orixe.
 
En canto ás obras, a protección pode incluír ''todas as producións no dominio literario, científico e de [[artes plásticas]], calquera que poida ser a súa modalidade ou forma de expresión'' (artigo 2(1)). Os seguintes dereitos figuran entre os que deben ser recoñecidos como dereitos exclusivos de autorización: os dereitos de traducir, de facer adaptacións e arranxos da obra; de interpretar en público obras dramáticas, dramático-musicais e musicais; de recitar en público obras literarias; de comunicar ao público a interpretación deses traballos; de difundilos; de reproducilos en calquera modalidade ou forma; de usar as obras como base para un traballo audiovisual; e de reproducir, distribuír, interpretar en público ou comunicar ao público esa obra audiovisual.