Diferenzas entre revisións de «Anastasia Romanovna»

Os historiadores sosteñen que Anastasia tiña unha discreta influencia para mitigar o carácter impulsivo e violento do seu marido. No verán de 1560 enfermou de forma imprevista e morreu. Por mor disto Iván sufriu de serios problemas nerviosos, debidos tamén pola sospeita de que Anastasia foi envelenada polos boiardos. Ao non conseguir probas do crime, ordenou que un gran número deles fosen torturados e asasinados.
 
Sucesivos exames realizados nos restos da defunta tsarina por parte de arqueólogos e expertos forenses rusos, confirmaron a presenza de residuos velenosos ao interior do seu osamentaosamento, dando crédito ás sospeitas do seu marido.<ref>[http://news.battery.ru/theme/science/?id=43567 provas do envenenamento de Anastasia]</ref>.
 
O irmán de Anastasia, [[Nikita Romanovich Zakharin-Iuriev]], foi o pai de [[Fiodor Romanov]], o primeiro en tomar o apelido Romanov. Fiodor Romanov foi primo en primeiro grao do último tsar da [[Dinastía Rurícovich|dinastía Rurik]], [[Teodoro I de Rusia|Teodoro]] I. Esta relación coa extinta dinastía facilitou a elección para o trono do fillo de Fiodor, [[Miguel I de Rusia]], despois do [[Período Tumultuoso|Período Tumultuoso.]]