Diferenzas entre revisións de «Anastasia Romanovna»

sen resumo de edición
(Creada como tradución da páxina "Anastasia Románovna Zajárina")
 
'''Anastasia Romanovna Zakharina''' (en [[Lingua rusa|ruso]]: ''Анастаси́я Рома́новна Заха́рьина'') nada en [[1530]] e finada o [[7 de agosto]] de [[1560]], foi a primeira esposa do tsar [[Iván IV de Rusia]], ''o Terrible''.
 
== Traxectoria ==
Filla do [[boiardo]] [[Román Zakharin]], o cal lle deu nome á dinastía dos [[Dinastía Romanov|Romanov]], foi escollida como esposa de Iván mediante unha selección efectuada no [[Kremlin de Moscova]] entre todas as mozas nobres en idade de casar. O matrimonio celebrouse o [[3 de febreiro]] de [[1547]] na Catedral da Anunciación. Tiveron seis fillos: Ana, María, Demetrio, Iván, Eudoxia e [[Teodoro I de Rusia|Teodoro I]].
 
Sucesivos exames realizados nos restos da defunta tsarina por parte de arqueólogos e expertos forenses rusos, confirmaron a presenza de residuos velenosos ao interior do seu osamenta, dando crédito ás sospeitas do seu marido.
 
O irmán de Anastasia, [[Nikita Romanovich Zakharin-Iuriev]], foi o pai de [[Fiodor Romanov]], o primeiro en tomar o apelido Romanov. Fiodor Romanov foi primo en primeiro grao do último tsar da [[Dinastía Rurícovich|dinastía Rurik]], [[Teodoro I de Rusia|Teodoro]] I. Esta relación coa extinta dinastía facilitou a elección para o trono do fillo de Fiodor, [[Miguel I de Rusia]], despois do [[Período Tumultuoso|Período Tumultuoso.]]
{{DEFAULTSORT:Anastasia Zajarina}}