Iván IV de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 18:
 
== Traxectoria ==
Neto do [[Iván III de Rusia|Gran Duque Iván Vasílievich III]] o Grande e [[Sofía Paleóloga]] e fillo de [[Basilio III de Moscova]] e [[Elena Glínskaya]], pertence á liñaxe [[varegos|varega]] de [[Rúrik]] e princesa de [[Lituania]]. Foi coroado ''Gran Príncipe de Moscova'' con só tres anos ao morrer o seu pai. Porén, o reino foi administrado pola súa nai, que foi envelenada cinco anos despois da coroación polos clans boiardos que disputaban o poder. Foi sometido a humillacións dos [[boiardo]]s, o que ensombreceu o seu carácter. Foi recluído no palacio do [[Kremlin]] vivindo case coma un mendigo. Isto xerou en Iván un grande odio cara aos boiardos, e tivo como consecuencia as constantes persecucións e matanzas que organizou contra estes clans. Nestes primeiros anos de vida, Iván sufriu desvaríos mentais, irreversibles, o que o levou a liberar a súa ira torturando e lanzando cans desde as torres. É sabido que tivo un irmán xordomudo do que non se coñece máis nada.
 
Aos 13 anos comezaron a respectalo e ordenou a un grupo de leais que capturasen o príncipe [[Andrei Shúiski]] para lanzalo aos cans, que o despedazaron. Con 16 anos xa destacaba na escritura e foi un gran lector, ademais de ser un mozo corpulento e musculoso. Estudou retórica a mans do bispo de Moscova, Makario. Durante esta época era xa profundamente relixioso.