Simplificación da escritura chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
Por unha banda, o chinés clásico (文言 ''wényán'') era unha lingua totalmente diferente da lingua vernácula (白話 ''báihuà'') que se falaba, e fórase impondo a idea, alentada por intelectuais como [[Hu Shih]], de que debía definirse unha nova lingua padrón baseada no idioma falado. En paralelo a esta defensa dunha lingua nacional máis achegada á linguaxe cotián, houbo tamén intelectuais que adoptaron unha postura aínda máis radical, defendendo que o [[sistema de escritura]] en sí debía ser abolido ou reformado. Algúns, como o escritor [[Lu Xun]], chegaron a propór a adopción do alfabeto latino para o chinés. Para estes intelectuais, o sistema de escritura chinés, cos seus milleiros de caracteres, supuña unha traba para o progreso tecnolóxico da China, debido a que os nenos na escola debían inverter moitos anos de estudo para chegar a dominar a [[escritura]], o cal sería motivo de retraso na aprendizaxe doutras disciplinas.
 
A pesar do ímpeto das ideas revolucionarias da época, a posibilidade de romanizar o idioma nunca estivo preto de volverse realidade xa que, por un lado, convertiríaconvertería en analfabetos a quen xa sabían ler e escribir, que terían que aprender un novo sistema, e, por outro, o apego dos chineses ao seu sistema de escritura facía difícil a aceptación dunha reforma tan radical. Esta segunda razón é talvez a máis importante, pois en vietnamita e en coreano, as outras dúas linguas que se escribían con caracteres chineses, o uso dos caracteres foi abolido, case na súa totalidade, ao longo do s. XX.
 
Fronte ao camiño radical seguido por vetnamitas e coreanos, en China, como en Xapón, acabaríase impondo a idea máis conservadora de modificar gradualmente o sistema de escritura substituíndo as formas normativas dalgúns caracteres de uso moi frecuente por outras máis simples. A este proceso llese chamou '''simplificación dos caracteres chineses''' (漢字簡化 /汉字简化 ''hànzì xiǎnhuà''). Nótese que a "simplificación" refírese a unha redución do número de trazos. Como se comenta máis adiante neste artigo, non está claro en absoluto que ditos caracteres con menor número de trazos sexan máis doados de aprender que os caracteres tradicionais.
 
O primeiro intento de introducir caracteres simplificados o levou a cabo o Goberno do [[Kuomintang]] (KMT) no ano [[1935]], que promulgou unha lista oficial de 324 caracteres modificados. Nesa lista atopábanse xa algunhas formas populares de caracteres que serían adoptadas de novo polo Goberno da República Popular China anos máis tarde (como 个 por 個, ou 还 por 還, por exemplo). SenNo embargoentanto, a sociedade rexeitou de maneira xeral a adopción destes novos caracteres e un ano máis tarde o Goberno retirou a reforma.
 
Tras a Segunda Guerra Mundial, o Goberno xaponés decidiu adoptar de xeito oficial formas simplificadas para un número considerábel de caracteres. As simplificacións xaponesas, porén, foron moito máis moderadas que as que finalmente levaría a cabo o Goberno da República Popular China.