Palla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 10:
== Usos ==
* Como leito ou cama para o [[Gando|gado]] (especialmente [[Cabalo|bestas]], [[ovella]]s e [[Vaca|gando vacún]]), formando así a base do [[esterco]].
* Como alimento do gado, malia ser de pouca calidade, para losos [[ruminante]]s, únicos animais de cría capaces de dixerir a [[celulosa]] contida na palla, grazas á actividade microbiana do seu [[bandullo]]. Para a facer máis apetecíbel, e para mellorar o seu valor nutritivo, pódense engadir diversos produtos ([[urea]], [[melazo]]...). A palla é un produto útil no caso de penuria, especialmente durante os períodos de [[seca]] que esgotan a produción de [[forraxe]] nas zonas de cría gandeira; porén, un [[bóvido]] alimentado exclusivamente de palla enfraquece rapidamente.
* Coma protección do [[solo]], formando no chan unha [[tona]] ou capa superficial de palla, especialmente en [[horticultura]] e [[silvicultura]]. É neste sentido que se emprega para manter a humidade despois de se ter sementado. A palla é logo unha das alternativas dentro do grupo de materiais protectores da capa húmida do chan, xunta a [[casca]] de [[piñeiro]], ou incluso ás láminas de [[plástico]]. Para evitar as perdas de solo despois dos [[Incendio forestal|incendios forestais]] pola escorrenta de auga especialmente nas abas de pendente pronunciada tamén é frecuente o uso de palla no chan.
* Coma [[fonte de enerxía]], ben usada directamente coma [[Combustible|combustíbel]], ben a través de procedementos de transformación que dan lugar a [[carburante]]s de mellor calidade medioambiental, tales como : o [[biogás]] (obtido por [[fermentación]]), o [[carbón vexetal]] (obtido mediante [[pirólise]]) ou o (aínda en estudo) [[etanol]].