Manuel María: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 3:
'''Manuel María''' era fillo de dous labregos acomodados, Antonio Fernández Núñez, que foi alcalde de Outeiro de Rei, e Pastora Teixeiro Casanova, estudou as primeiras letras na súa vila e en [[Rábade]]. En [[1942]] trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato nos maristas e nesta cidade comezou a súa precoz carreira literaria participando por mediación de [[Celestino Fernández de la Vega]], á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses", co que entrou en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez ([[Luis Pimentel]], [[Ánxel Fole]], [[Juan Rof Codina]], [[Aquilino Iglesia Alvariño]] ...) que o puxeron en contacto co mundo literario galego, desa época data tamén a súa amizade con [[Uxío Novoneyra]]. En [[1950]] publicou o seu primeiro poemario ''Muiñeiro de brétemas'', co que se inaugura a denominada "[[Escola da Tebra]]". Froito da decepción recibida por suspender os exames de ingreso á Universidade de Santiago foi o seu segundo poemario ''Morrendo a cada intre''. Realizou o servizo militar en [[Compostela]] e alí acudía á tertulia do Café Español onde fixo grande amizade con [[Carlos Maside]]. Ao rematar o servizo militar volveu a [[Lugo]], prepárase como procurador, en 1954 gañou os Xogos Florais de Ourense
 
En [[1958]] instalouse en [[Monforte]] como Procurador dos Tribunais, ao tempo que daba clases nunha academia e colaboraba nunha emisora de radio e ao ano seguinte casou con [[Saleta Goi]]. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participou na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, ao tempo que colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación cultural impartindo conferencias e recitando poemas; organizou a editorial Xistral e coa súa dona montou a Librería de igual nome, presentou tamén no Teatro Capitol de Santiago a [[Nova Canción Galega]] o [[1 de decembro]] de [[1968]]. Sendo a poesía o seu xénero preferido, tentou a man tamén co ensaio, a narrativa e o teatro. Pasou dunha postura [[existencialismo|existencialista]] pesimista cara ao [[compromiso]] social e político. Elixido membro correspondente da [[Real Academia Galega]] en 1970, finalmente renunciou nunha carta pública que apareceu nos xornais galegos en 1975.
 
Militante de base da [[UPG]] e da Frente Cultural da AN-PG, foi concelleiro en [[1979]] en Monforte, mais en [[1985]] abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na [[Coruña]]. No xornal ''[[A Nosa Terra]]'' escribiu a columna ''Andando a Terra''. Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa de [[Burla Negra]] e a [[Plataforma Nunca Máis]] a raíz do desastre do [[Prestige]].