Célula eucariota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 51:
* As células procariotas teñen unha [[parede celular]] formada por [[peptidoglicano]] (mureína). As células eucariotas nunca teñen parede de peptidoglicano; algunhas carecen de parede (célula animal), e outras teñen parede de celulosa (plantas) ou quitina (fungos).
* O [[ADN]] eucariótico é unha molécula liñal, con extremos, que se asocia con proteínas [[histona]]s formando [[cromosoma]]s, normalmente varios. As células procarióticas teñen xeralmente ADN circular e non está asociado a histonas, e normalmente é unha soa molécula de ADN grande (poden ter tamén pequenos [[plásmido]]s).
* Os [[ribosoma]]s eucarióticos son máis grandes, de 80S. Os procarióticos son pequenos, de 70S. Non obstante, dentro das mitocondrias e cloroplastos hai ribosomas pequenos de tipobacterianotipo bacteriano, o que é unha proba dda súa orixe bacteriana endosimbiótica.
* Os [[flaxelo]]s eucarióticos están formados por unha estrutura 9+2 de microtúbulos bastante complexa, e feitos de [[tubulina]], e o seu movemento é ondulante. Os procarióticos son moito máis finos, formados por unsóun só túbulo non feito de tubulina e teñen unha estrutura basal complexa que orixina o seu movemento por rotación.
* As células eucariotas divídense por [[mitose]] ou [[meiose]] xeralmente. As procariotas teñen unha forma de división moito máis sinxela chamada [[bipartición]].