Célula eucariota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
As células eucariotas teñen un extenso sistema de membranas interno, que forma diversos orgánulos, e que en conxnto recibe o nome de [[sistema endomembranoso]].<ref>{{cite book|chapter=Evolutionary Integration of Chloroplast Metabolism with the Metabolic Networks of the Cells|editors=Burnap, Robert L. & Vermaas, Willem F.J.|title=Functional Genomics and Evolution of Photosynthetic Systems|publisher=Springer|year=2011|isbn=9789400715332|page=215|url=https://books.google.com/books?id=WfzEgaLibuwC&pg=PA215|author=Linka, Marc & Weber, Andreas P.M.}}</ref> Os compartimentos máis simples son as [[vesícula]]s ou [[vacúolo]]s, que se poden formar por evaxinación doutras membranas. Moitas células inxiren alimentos e outros materiais mediante o proceso da [[endocitose]], no que a membrana celular se invaxina para formar unha vesícula ou vacúolo [[fagocitose|fagocítico]].
 
O [[núcleo celular|núcleo]] está rodeado de dobre membrana ([[envoltura nuclear]]), con [[poro nuclear|poros]] que permiten o paso de materiais entre o núcleo e o [[citoplasma]]. A membrana nuclear esténdese na súa parte citoplasmáticaformandocitoplasmática formando un amplo sistema membranoso de láminas e tubos chamado [[retículo endoplasmático]], que está implicado na formación de lípidos de membrana e de proteínas, xa que ten unha porción con [[ribosoma]]s adheridos á súa membrana. Do retículo endoplasmático despréndense vesículas cargadas con proteínas, que xeralmente van a parar ao [[aparato de Golgi]], outro gran orgánulo membranoso.
 
[[Ficheiro:Mitochondrion structure gl.svg|miniatura|400px|Estrutura simplificada dunha mitocondria]]
Algunhas vesículas están especializadas en determinadas funcións. Por exemplo, os [[lisosoma]]s conteñen [[encima]]s que degradan os contidos dos vacúolos fagocíticos, e os [[peroxisoma]]s utilízanse para realizar reaccións oxidativas e eliminar o [[peróxido de hidróxeno]], que é tóxico. Moitos [[protozoos]] teñen [[vacúolo contráctil|vacúolos contráctiles]], que recollen e expulsan o exceso de auga. Nas plantas a maioría do volume celular está ocupado por un gran [[vacúolo]] central, no que se almacena auga ou outras substancias.
 
Non todos os compoñentes celulares están rodeados de membrana. Algúns como os [[ribosoma]]s crecencarecen de membrana e son pequenos conxuntos de [[ARNr]] e [[proteína]]s dunhas poucas decenas de [[nanómetro]]s e subdivididos en subunidade maior e menor. Realizan a [[síntese de proteínas]].
 
=== Mitocondrias e plastidios ===