A Rateira, San Mamede de Carnota, Carnota: Diferenzas entre revisións

lugar da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota
Contido eliminado Contido engadido
Artigo redactado por Aitor e Iago.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de maio de 2007 ás 09:40

A Rateira é un lugar pertencente á parroquia de San Mamede de Carnota, concello de Carnota.

Descrición

A igrexa parroquial de San Mamede está na Rateira. Ó lado desta igrexa hai un terreo que contan que é sagrado porque hai unhas pedras escritas.

Poboación

Ten unha poboación moi modesta: alí viven unhas dezasete familias, aproximadamente.

Servizos

Na Rateira existe unha casa de turismo rural, A Casona. Nas súas proximidades tense proxectado construír unha pista de tenis, de pádel e unha piscina.