Afganistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
m →‎Historia: arranxiños
Liña 55:
== Historia ==
{{Artigo principal|Historia de Afganistán}}
Na [[Idade Antiga|antigüidade]], Ariana, o territorio do actual Afganistán, formou parte do [[AqueménidaImperio Persa|Imperio persa]] [[Aqueménida|aqueménida]], do reino [[helenístico]] de [[Bactriana]] e do [[Imperio Cuxano]]. Despois o país converteuse ao [[budismo]] coma relixión, converténdose ao [[Islam]] máis tarde coa chegada dos [[árabes]].
 
Ao longo dos séculos IX e X a zona occidental do país, integrante da rexión histórica de Ghorasán, formou parte dunha Persia cada vez máis independente dos califas de Bagdad, baixo as dinastías Tahirí, Saffarí e Samaní. É a época do esplendor Islámico na economía e na cultura, que en toda a Persia Histórica, dende Bagdad ata Samarcanda, dará lugar a numerosas capitais prósperas e moi poboadas polas que transcorría a [[Ruta da Seda]], así coma a numerosas figuras coma [[Avicena]] e [[Algazel]] en filosofía, [[Al-Razi]] e [[Al-Nafís]] en medicina, [[Al-Khwarizmi]] e [[Al-Biruní]] en matemáticas, [[Omar Khayyam]] e [[Firdusi]] en literatura, Al-Jazari en enxeñería etc., aínda que case todos eles dedicábanse a múltiples disciplinas, cunha erudición extraordinaria. No ano [[977]] [[Sebük Tegin]], un vasalo dos Samanís, estableceuse como gobernador na rexión, dando orixe á dinastía Gaznauí, e o seu sucesor Mamud independizouse e estableceu un grande imperio con base en [[Gazna]], estendéndose por Ghorasán, Afganistán e o noroeste da India, realizando máis de 50 expedicións de conquista e saqueo sobre esta última, e dando orixe a un período de gran esplendor económico e cultural na capital Gazna. Posteriormente, coa chegada dos turcos [[selxúcidas]], prodúcese a perda do Ghorasán. No século XII a dinastía dos Gaznauís é substituída pola dos Gurís e a principios do século XIII pola dos Xás de Coresmia.