Diferenzas entre revisións de «Sistema de escrita»

m
Xeralmente, nos [[ordenador]]es e nos sistemas de [[telecomunicación]]s non se codifican os sistemas de escrita como tales, pero os grafemas e outras unidades similares que son necesarios para o procesamento de texto se representan por "caracteres" que se manifestan tipicamente en forma cifrada. Hai moitos estándares diferentes de [[Codificación de caracteres|cifrado]], como o [[ISO/IEC 8859-1]] (orientado ao script latino), os caracteres [[Caracteres CJK|CJK]] (chinés, xaponés, coreano), e o [[texto bidireccional]]. Hoxe, moitos de tales estándares están redefinidos nun estándar colectivo, o [[ISO/IEC 10646]] ou UCS (Universal Character Set), e no moi semellante e máis expandido Estándar Unicode. Ambos englóbanse xeralmente baixo a denominación [[Unicode]]. En Unicode, a cada carácter dun sistema de escrita de calquera lingua, se lle asigna (simplificando lixeiramente) un número único de identificación, coñecido como '''número''' ou '''punto de código''' (''code point''). Os [[Sistema operativo|sistemas operativos]] usan o punto de código para buscar os caracteres no arquivo de fontes de letra, de tal xeito que os caracteres poidan ser vistos na pantalla ou no papel.
 
O dispositivo máis común para a escrita por medio do ordenador é o [[Teclado de ordenador|teclado]]. Cada tecla está asociada cun código estándar que o teclado envía ao ordenador cando se preme nela. Mediante o uso simultáneo dunha tecla alfabética e outra especial como as teclas ''Ctrl'', ''Alt'', ''Shift'' e ''AltGr'', xéranse máis códigos de caracteres que son enviados á [[CPU]]. O sistema operativo intercepta e converte esoseses sinais nos caracteres axeitados e envíaos, xunto cos códigos convertidos, á aplicación de [[software]] activa, que busca o glifo apropiado no arquivo de fonte activo e require do sistema operativo a súa visualización na pantalla.
 
== Notas ==
102.516

edicións