Sistema de escrita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 130:
Como cada carácter representa a unha palabra simple (ou, de xeito máis preciso, a un [[morfema]]), se necesitan moitos logogramas para escribir tódalas palabras dunha lingua. O vasto corpus de logogramas e a memorización do seu significado son as principais desvantaxes dos sistemas logográficos sobre os sistemas alfabéticos. Pola contra, como o significado é inherente ao símbolo, o mesmo sistema logográfico pode, en teoría, ser usado para representar diferentes linguas. Na práctica, isto é certo só para linguas fortemente relacionadas, como as [[linguas chinesas]], pois as restricións sintácticas reducen a posibilidade de portabilidade dun certo sistema logográfico. O [[Lingua xaponesa|xaponés]] usa profusamente [[Kanji|logogramas chineses]] no seus sistemas de escrita, tendo moitos dos signos os mesmos ou similares significados. Porén, as [[semántica]]s, e especialmente a [[gramática]], son o suficientemente distintas como para que un texto chinés longo sexa ilexíbel para un lector xaponés sen coñecementos básicos de gramática chinesa, se ben frases curtas e concisas como os signos e as cabeceiras das novas dos [[Xornal|xornais]] son moito máis fáciles de comprender.
 
Mentres que a maioría das linguas non usan totalmente sistemas logográficos, moitas usan algúns logogramas. Un bo exemplo de logogramas occidentais modernos son os [[números]] hindú-arábicos – calquera que use estes símbolos entende o que significa '''1''' independentemente que lle chame ''un'', ''one'', ''eins'', ''uno'', ''yi'', ''ichi'', ''ehad'', ''ena'' ou ''jedan'' –. Outros logogramas occidentais amplamente extendidosestendidos son o símbolo ''[[e comercial]]'' '''&''' usado en lugar da conxunción ''e'', a ''[[arroba]]'' '''@''' usada en moitos contextos como o [[Informática|informático]], o ''símbolo do tanto por cento'' '''%''', e moitos símbolos de moedas como o [[Dólar estadounidense|dólar]] ('''$'''), o [[euro]] ('''€'''), a [[Libra esterlina|libra]] ('''£'''), o [[ien]] ('''¥''') etc.
 
Ás veces os logogramas son chamados ideogramas, unha palabra que se refire a símbolos que representan graficamente unha idea abstracta, pero os lingüístaslingüistas evitan este uso pois, igual que os caracteres chineses son con frecuencia compoñentes semántico–fonéticos, os símbolos teñen un compoñente que representa o significado e un compoñente fonético complementario que representa a pronunciación. Algúns non lingüistas distinguen entre [[lexicografía]] e [[ideografía]], onde os símbolos lexicográficos representan palabras e os símbolos ideográficos representan palabras ou morfemas.
 
O máis importante (e, e certa medida, o único supervivinte) dos sistemas de escrita logográficos modernos é o Chinés, cuxos caracteres foron ou son usados, con distintos graos de modificación, en Chinés, Xaponés, Coreano, Vietnamita, e outras linguas do [[Sueste asiático]]. Os xeróglifos do Exípcio Antigo e o sistema de escrita maia son tamén sistemas cunhas certas características logográficas, aínda que tamén estableceron características fonéticas e non teñen un uso cotián.