Célula eucariota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
O [[núcleo celular|núcleo]] está rodeado de dobre membrana ([[envoltura nuclear]]), con [[poro nuclear|poros]] que permiten o paso de materiais entre o núcleo e o [[citoplasma]]. A membrana nuclear esténdese na súa parte citoplasmáticaformando un amplo sistema membranoso de láminas e tubos chamado [[retículo endoplasmático]], que está implicado na formación de lípidos de membrana e de proteínas, xa que ten unha porción con [[ribosoma]]s adheridos á súa membrana. Do retículo endoplasmático despréndense vesículas cargadas con proteínas, que xeralmente van a parar ao [[aparato de Golgi]], outro gran orgánulo membranoso.
 
[[Ficheiro:Mitochondrion structure gl.svg|miniatura|400px|Estrutura simplificada dunha mitocondria]]
Algunhas vesículas están especializadas en determinadas funcións. Por exemplo, os [[lisosoma]]s conteñen [[encima]]s que degradan os contidos dos vacúolos fagocíticos, e os [[peroxisoma]]s utilízanse para realizar reaccións oxidativas e eliminar o [[peróxido de hidróxeno]], que é tóxico. Moitos [[protozoos]] teñen vacúolos contráctiles, que recollen e expulsan o exceso de auga. Nas plantas a maioría do volume celular está ocupado por un gran vacúolo central, no que se almacena auga ou outras substancias.