Diferenzas entre revisións de «Mosteiro de San Martiño do Couto»

=== Exterior ===
A parte mellor conservada constitúea o conxunto das tres ábsidas coas súas proporcionadas xanelas de [[arco de medio punto]] sobre columniñas acodilladas, unha en cada un dos laterais mais tres no principal. Tamén salientan as fiestras dos dous tramos contiguos dos muros laterais, con ocos centrais proporcionalmente máis pequenos. Os [[Canzorro|canzorros]], tanto os das ábsidas coma os dos muros laterais, repiten a variedade e a riqueza dos capiteis interiores, resaltando sobre todo os de motivo antropomorfos.
 
A [[fachada]] principal ou occidental, así como os tramos contiguos das naves foron reconstruídos. A torre corresponde ao ano [[1782]] e está formada por tres sinxelos corpos, o superior formado por unha pequena cúpula, o intermedio, ou das [[Campá|campás]], de planta cadrada e catro ocos de arco de medio punto, o inferior case macizo e tamén de planta cadrada. Este corpo inferior continúa lateralmente nun soportal con tres arcos, de medio punto os laterais e de carpanel o central, que pecha a entrada da igrexa, que se acha a un nivel sensibelmente inferior, Sobre este soportal e xa no plano da fachada, ábrese un elemental rosetón circular. So o [[rosetón]] e oculta polo soportal atópase a portada da igrexa, formada por unha tripla [[arquivolta]] de medio punto, na que resalta a ornamentación xeométrica da volta exterior.
 
==Galería de imaxes==
2.518

edicións