Diferenzas entre revisións de «Torres de Altamira»

== Historia ==
[[Ficheiro:Torres de altamira 2.JPG|200px|miniatura|esquerda|Unha das torres.]]
As ruínas do castelo son o que queda do que se construíu no [[século IX]] sobre os restos dun antigo [[castro (poboado)|castro]] da [[cultura castrexa|antigüidade]]. Este xacementositio arqueolóxico adoita coñecerse co nome de [[Castro de Altamira, Brión|castro de Altamira]], sen que se coñezan con exactitude as súas dimensións ou características. A fortificación do [[século IX]] mantívose ata o ano [[1073]], ano no que foi arrasada por [[Gonzalo de Moscoso]], fillo dun tal Beremundo, castelo do que non se saben cales eran as súas dimensións, nin as dependencias coas que contaba. Despois disto a súa reconstrución viuse dificultada pola prohibición ordenada polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] en [[1180]] de construír novas fortalezas na ''“Terra de Santiago”'' sen autorización expresa do arcebispo de Compostela. Pertenceu a [[familia dos Moscoso]] dende o o século XV en diante.
 
Foi de novo arruinado polos [[Irmandiños]] no [[século XV]] ([[1431]] - [[1469]]), durante a revolta e reedificado en [[1471]]. Curiosamente, as novas murallas xa foron adaptadas para resistir o impacto da pólvora. Posteriormente foi asediada no ano 1471, polas tropas do arcebispo de Santiago, baixo o mando do seu irmán [[Luis de Acevedo]], sen moita sorte. Dende [[1480]] habitou o castelo o I Conde de Altamira [[Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso]]. Pola súa posesión librouse a [[Batalla de Altamira]].
 
=== Proceso de ruína ===
A partir do [[século XVII]] os condes deixaron de habitar o castelo e ocuparon o [[Pazo de Trasouteiro]], a pouco maismáis dun quilómetro das torres, trasladándose con posterioridade á corte. Todo indica que no [[século XVIII]] sufriu un incendio, que afectou sobre todo ó pazo, favorecendo o seu abandono. A partir deste momento comezou o seu proceso de ruína, sendo a finais do [[século XIX]] cando máis foi usado como canteira para numerosas construcións.
 
[[Ficheiro:Torres de Altamira 5.JPG|200px|miniatura|Unha das torres.]]
36.958

edicións