Arma nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Desarme: arranxiño
Liña 90:
O desarme nuclear refírese tanto ao acto da redución ou eliminación das armas nucleares e o estado final dun mundo libre de armas nucleares, no que as armas nucleares son eliminadas por completo. Iniciouse en 1963 co '' Partial Test Ban Treaty '' (Tratado de prohibición parcial dos ensaios) e continuando ata 1996 co '' Comprehensive Test Ban Treaty '' (Tratado de prohibición completa dos ensaios), foron numerosos os tratados para limitar ou reducir os ensaios con armas nucleares e as existencias deste tipo de armamento. En 1968, o '' Nuclear Non-Proliferation Treaty '' (Tratado de non proliferación nuclear) tiña como unha das súas condicións explícitas que todos os firmantes deben "celebrar negociacións de boa fe" para alcanzar o obxectivo a longo prazo do "desarme total". Con todo, ningún estado nuclear cumpriu estes aspectos do acordo que teñen forza obrigatoria.<ref>Gusterson, Hugh, "[http://www.thebulletin.org/web-edition/columnists/hugh-gusterson/finding-article-vi Finding Article VI]" ''Bulletin of the Atomic Scientists'' (8 de gener de 2007).</ref>
 
Só un país, [[Suráfrica]] renunciou totalmente as armas nucleares que desenvolveran de forma independente. Un número de ex repúblicas soviéticas como [[Bielorrusia]], [[Casaquistán]] e [[Ucraína]] retornaron a [[Rusia]] as armas nucleares estacionadas nos seus países tralo desmembramientodesmembramento da URSS.
 
Os partidarios do desarme nuclear consideraron que diminuiría a probabilidade dunha guerra nuclear, sobre todo se sucedía por accidente. Os críticos do desarme nuclear defenden que socavaría a disuasión e podería conducir a unha inestabilidade global cada vez maior. Varios funcionarios do goberno estadounidense que estaban en funcións durante o período da [[Guerra Fría]], como [[Henry Kissinger]], [[George Shultz]], Sam Nunn e William Perry, posteriormente foron defendendo o eliminación das armas nucleares. En xaneiro de 2010, Lawrence M. Krauss afirmou que "ningún problema ten máis importancia para a saúde a longo prazo e a seguridade da humanidade que o esforzo para reducir, e talvez un día, librar ao mundo das armas nucleares".<ref>Lawrence M. Krauss. The Doomsday Clock Still Ticks, ''Scientific American'', gener de 2010, p. 26.</ref>