Arsénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Véxase tamén: {{Táboa periódica}}
Liña 54:
O arsénico presenta tres estados alotrópicos, [[gris]] ou metálico, [[amarelo]] e [[negro (cor)|negro]]. O arsénico ''gris metálico'' (forma α) é a forma estable en condicións normais e ten estrutura romboédrica, é un bo condutor da calor pero pobre condutor eléctrico, a súa densidade é de 5,73 g/cm³, é deleznable e perde o lustre metálico se se expón ao aire.
 
O arsénico ''amarelo'' (forma γ) obtense cando o vapor de arsénico se enfríaarrefría rapidamente. É extremadamente volátil e máis reactivo que o arsénico metálico e presenta fosforescencia a temperatura ambiente. O gas está constituído por moléculas tetraédricas de As<sub>4</sub> de forma análoga ao [[fósforo (elemento)|fósforo]] e o sólido formado pola condensación do gas ten estrutura cúbica e ten unha densidade aproximada de 1,97 g/cm³. Exposto á luz ou ao calor reverte á forma estable (gris). Tamén se chama arsénico amarelo ao oropimente, o mineral de trisulfuro de arsénico.
 
Unha terceira forma alotrópica, o arsénico ''negro'' (forma β), de estrutura hexagonal e densidade 4,7&nbsp;g/cm³, ten propiedades intermedias entre as formas alotrópicas descritas e obtense na descomposición térmica da arsina ou ben enfriandoarrefriando lentamente o vapor de arsénico.
 
Tódalas formas alotrópicas agás a gris carecen de lustre metálico e teñen moi baixa [[conductividade eléctrica]], polo que o elemento comportase coma [[metal (material)|metal]] ou non metal en función do seu estado de agregación.