1810: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 18:
=== Francia ===
* O matemático francés [[Joseph Fourier]] expón as primeiras series trigonométricas, que aplica á resolución de problemas físicos, especialmente sobre a propagación do movemento en cordas vibrantes e a propagación da calor. Estes traballos constitúen unha introdución ao concepto moderno de [[Función (matemáticas)|función]], á [[análise funcional]] e ó [[cálculo integral]]. Coa aparición da "Teoría analítica da calor" no [[1822]], primeiro estudo matemático da propagación da calor nos sólidos, Fourier establece as ecuacións do movemento uniforme da calor. O emprego das súas series trigonométricas permite desenvolver en [[Serie (matemáticas)|series]] converxentes certo tipo de funcións descontinuas, unha análise fundamental para a [[física matemática]] e de gran repercusión no estudo dos fenómenos eléctricos.
* [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] ordena destruidestruí-lo manuscrito "AlemañaDe l'Allemagne", de [[Germaine de Staël|Madame Staël]]. A baronesa Germaine de Staël-Hoistein, que nacera o [[22 de abril]] de [[1766]] en [[París]], chamada comunmente ''Madame de Staël'', pronto toma partido pola revolución de [[1789]], participa en intrigas políticas e esperta a desconfianza do poder local ao publicar en [[1802]] a súa novela "DelfinaDelphine", onde deixa translucir as súas fortes conviccións liberais e afírmase no seu prestixio intelectual. Tralo seu fracasado intento de se-la inspiradora da política de Napoleón durante os anos do Consulado, en 1810 intenta publicar o seu ensaio titulado "AlemañaDe l'Allemagne", pero a policía imperial confíscao e destrúeo. Nel, a autora exhorta aosos intelectuais franceses a manifestar a súa confianza na liberdade e a asinar, segundo o modelo alemán, a superioridade do espírito sobre a materia. Considera que [[Francia]], cansada pola revolución, perdeu esta fe na liberdade creadora individual, a mesma que permitiu a [[Alemaña]], aínda que dividida politicamente, atopar no sentido de unidade nacional as forzas necesarias para a súa recuperación.
* O [[2 de abril]] celébranse na capital francesa, con gran pompa, as segundas nupcias do emperador [[Napoleón Bonaparte|Napoleón I]], con 40 anos de idade, coa arquiduquesa [[María Luísa de Austria|María Luísa]], 22 anos máis xove, filla do emperador austríaco [[Francisco I de Austria|Francisco I]] e de [[María Tareixa de Nápoles]]. Con este matrimonio, Napoleón lexitima o seu título de emperador e obtén unha serie de importantes vantaxes políticas. Froito deste matrimonio, nacerá o [[20 de marzo]] de [[1811]] o único descendente de Napoleón, [[Napoleón II de Francia|Napoléon François Charles Joseph Bonaparte]], quen recibirá o título de rei de [[Roma]] nada máis nacer. Nomeado sucesor ó trono de Francia polo seu pai só chegou a reinar entre o [[22 de xuño]] e o [[7 de xullo]] de [[1815]], morrendo moi novo de [[tuberculose]], o [[22 de xullo]] de [[1832]], cando contaba 21 anos. Napoleón estivera casado anteriormente con [[Joséphine de Beauharnais|Marie Josèphe Rose Tascher de La Pagerie]], viúva do vizconde [[Alexandre de Beauharnais]], sen que tiveran fillos. A voda celebrárase apresuradamente o [[9 de marzo]] de [[1796]], o día anterior á coroación do emperador. Estiveron casados durante 14 anos ata que o tribunal eclesiástico de París anulou o matrimonio en [[1809]]. Xosefina sempre tivo grande ascendente sobre Napoleón, mesmo despois da separación, ata a súa morte en [[1814]] en [[Rueil-Malmaison|Malmaison]], onde se retirara logo da separación.