Wikipedia:Civismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Tratamento do incivismo: arranxos de redacción
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
| 1=Participa de forma considerada e respectuosa.
| 2=Non ignores as posicións e conclusións dos outros editores.
| 3=Presenta argumentos coherentes e concisos, evita facer [[Wikipedia:Non fagafagas ataques persoais|ataques persoais]].
}}
O '''civismo''' é parte das [[Wikipedia:Normas de conduta|normas de conduta]] da Wikipedia, que a súa vez forman parte dos [[Wikipedia:Cinco piares|cinco piares]], e describe o comportamento esperado dos usuarios fornecendo indicacións de como tratar as disputas que poidan darse na Wikipedia. Explicado de forma sinxela, os editores deberían tratarse sempre con consideración e respecto os uns aos outros, co propósito principal de mellorar a enciclopedia mentres manteñen un ambiente de edición agradábel, para o que se require un comportamento amable, calmado e razoable.
Liña 16:
As diferentes opinións son inevitables nos proxectos colaborativos. Ao discutir estas diferenzas algúns editores poden semellar demasiado severos, cando en realidade só intentan ser sinceros. Outros poden reaccionar de forma desproporcionada cando se discute a súa opinión. A conversa escrita non transmite por enteiro os matices da conversa verbal, o que pode levar á interpretación incorrecta dos comentarios dun editor. Unha afirmación non cívica pode escalar unha conversa animada nunha rifa persoal lonxe da discusión obxectiva do problema orixinal. A resolución destas disputas deben facerse de forma cívica, é posible estar en desacordo sen chegar a ser desagradable.
 
Espérase que os editores sexan razoablemente [[Wikipedia:Normas de conduta|cooperativos]], [[Wikipedia:Non fagafagas ataques persoais|sen facer ataques persoais]], actuando de acordo coas [[Wikipedia:Políticas e normas|políticas e normas]] e respondendo as preguntas [[Wikipedia:Asuma a boa fe|de boa fe]]. Cómpre ser especialmente amable e paciente cos [[Wikipedia:Non trabes os novatos|usuarios novos]] que contribúen de forma construtiva.
 
== Carencia de civismo ==
O '''incivismo''' consiste en [[Wikipedia:Non fagafagas ataques persoais|ataques persoais]], comentarios maleducados e descorteses. Cando isto ocorre de forma agresiva provoca a hostilidade de outros editores e perturba ao proxecto introducindo estrés e conflito. Malia que os casos illados de incivismo non son necesariamente unha preocupación, un patrón continuo de falta de civismo é inaceptable. En casos de <!-- [[Wikipedia:Acoso|acoso]] --> acoso repetido ou ataques persoais graves, o usuario en cuestión pode chegar a ser [[Wikipedia:Política de bloqueos|bloqueado]]. En casos extremos de falta de civismo que inclúan abuso verbal, insultos ou ameazas a outro editor, pode darse o bloqueo do usuario en cuestión aínda sendo unha única ocorrencia.
 
== Tratamento do incivismo ==
Liña 44:
Os bloqueos por falta de civismo son posibles cando o incivismo cause problemas de [[Wikipedia:Romper a edición|rotura de edición]]. Porén, esta política non está pensada para ser empregada coma arma e o bloqueo non debería ser a primeira opción na maioría dos casos.
# Ten en conta todo o historial relevante. Evita os xuízos rápidos sen coñecer antes toda a información relevante á situación.
# Pensa polo miúdo as vantaxes dos outros métodos de actuación antes de proceder ao bloqueo. O bloqueo só debe ter lugar como última medida, sendo normalmente máis axeitado aplicalos apoiándose en normas máis concretas ([[Wikipedia:Romper a edición]], [[Wikipedia:Non fagafagas ataques persoais]]<!-- , [[Wikipedia:Acoso]] -->)
# Os bloqueos por falta de civismo deben aplicarse cando os motivos son obvios e claros, cando o editor en cuestión cruza a liña de forma obvia para o resto de editores.
# Os usuarios deben recibir advertencias previas de forma clara na maioría de circunstancias antes de seren bloqueados, dándoselle tempo suficiente para que se retracten ou expliquen de forma axeitada. As excepcións a isto poden incluír aqueles usuarios que violen de forma clara a norma, fagan ameazas persoais ou xa teñan recibido advertencias múltiples anteriormente.