Wikipedia:Elección de administradores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
===<span style="color:green> Renuncia propia </span>===
<span style="color:green>Calquera administrador pode presentar voluntariamente e por calquera motivo a súa renuncia voluntaria á administración no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|Taboleiro dos Administradores]]. Un burócrata procederá a revocar os seus permisos e actualizar a [[Wikipedia:Administradores|lista de administradores]]. O resumo indicado no rexistro de permisos debe ser claro en que a retirada dos mesmos é rutineira e baixo petición do propio usuario.
 
Un usuario que renuncie aos permisos de administrador desta forma, sen que sexa baixo circunstancias controvertidas, poderá realizar unha petición para recuperar estes permisos no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|Taboleiro dos Administradores]] nos seguintes 6 meses dende a declaración de renuncia. Un [[Wikipedia:Burócratas|burócrata]] avaliará esta petición para confirmar que a renuncia fose realizada en condicións normais e procederá a reasignar os permisos de administrador a dito usuario. Pasados 6 meses dende a renuncia inicial, o usuario deberá pasar o proceso de elección de novo e propoñer unha nova candidatura para a súa reelección ou ser proposto de novo por outro usuario.</span>