1810: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 22:
 
=== Inglaterra ===
* O [[3 de marzo]] chega a [[Gran Bretaña]] o escritor español José María Branco Crespo, máis coñecido como [[José María Blanco White|Blanco White]], logo de que partira de [[Cádiz]] ante a invasión de [[Andalucía]] polas tropas francesas. Nado en [[Sevilla]] o [[11 de xuño]] de [[1775]], Blanco White viña dunha familia de orixe irlandesa. A instancias dos seus pais, ordenouse [[sacerdote]], e no [[1801]] gañou por oposición unha canonxía en [[Cádiz]], que máis tarde abandonou para marchar á capela real de San Fernando (en [[Sevilla]]). Durante a guerra da Independencia colaborou co xornal sevillano "El Semanario Patriótico", que dirixía Quintana, a cuxos faladoiros adoitaba asistir. Xa en [[Inglaterra]] comezou a publicar nas revistas "O Español" e, máis tarde, "Variedades", onde defendeu a independencia das colonias iberoamericanas, editou textos medievais españois e publicou importantes ensaios. Home contraditorio ([[Menéndez Pelayo]] considerábao un verdadeiro heterodoxo), as súas crenzas relixiosas sufriron sucesivas revoltas, converténdose primeiro ao [[anglicanismo]] e logo ao unitarismo. Malia a súa longa e definitiva permanencia en Inglaterra (Blanco White morrería en [[Liverpool]] no [[1841]]), España foi unha referencia constante e obsesiva na súa obra. aA pesar de que o seu texto máis famoso, o [[soneto]] "Night and Death" ("Mysterious Night! when our first parent knew"), está escrito en [[Lingua inglesa|inglés]], nunca deixou de escribir en [[Lingua castelá|castelán]]. De tendencia [[Neoclasicismo|neoclásica]] nos seus inicios españois, a posterior influencia do romanticismo inglés converteuno no primeiro poeta [[Romanticismo|romántico]] español. O radicalismo de moitas das súas ideas fixo que a súa obra fose practicamente descoñecida en [[España]], ata a edición da súa "Obra inglesa" ([[1972]]), ao coidado de [[Juan Goytisolo]].
 
=== Escocia ===