1810: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 29:
=== Alemaña ===
* O escritor e pedagogo alemán [[Friedrich Ludwig Jahn]] publica a súa obra "''Deutsches Volkstum''", na que pretende definir o seu concepto do que é a ''nacionalidade alemá'', que é a tradución do título. Ao tempo emprende a promoción das sociedades ximnásticas, a primeira das cales funda en [[1811]] no [[Parque de Hasenheide]] de [[Berlín]], onde os mozos alemáns deben educar o seu carácter e o seu corpo para ser bos soldados, capaces de mobilizarse contra o ocupante.
* Comeza a docencia na [[universidade de Berlín]] con 256 alumnos e 52 profesores, aínda que a súa fundación ocorrera o [[16 de agosto]] de [[1809]] grazas ó empeño do político liberal [[Prusia|prusiano]] [[Wilhelm von Humboldt]] e o [[káiser]] [[Federico Guillerme III de Prusia|Friedrich Wilhelm III]]. Trala fundación da universidade agochábase a idea de facer reformas intelectuais, morais e políticas en Prusia despois do humillante [[Tratado de Tilsit]] de [[1807]]. Contou nos seus comezos cos mellores pensadores prusianos coma os filósofos [[Johann Gottlieb Fichte]] (primeiro rectorreitor) e [[Friedrich Schleiermacher]], o fundador Wilhelm von Humboldt, notable lingüista, e os poetas [[Heinrich von Kleist]] e [[Ernst Moritz Arndt]].
 
=== Suecia ===