Igrexa de Santa María de Cambre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
== Historia ==
Pertencía á xurisdición da [[arquidiocese de Santiago de Compostela|arquidiocese compostelá]]. Na [[Alta Idade Media]], nun lugar coñecido como ''Calambre'', fundouse un [[mosteiro]] familiar por parte do cabaleiro Alvito e as súas irmás Vestriberga e Urraca. O seu primeiro abade foi Adulfo. O mosteiro foi doado ao de [[San Paio de Antealtares]] o [[16 de agosto]] do ano [[932]]<ref>Segundo unha escritura perdida, puido ser fundado no [[século IX]] por [[Afonso III de Asturias|Afonso III]].</ref><ref>{{Cita libro|título = El Monacato gallego en la alta Edad Media|apelidos = Freire Camaniel|nome = José|editorial = Fundación Pedro Barrié de la Maza|ano = 1998|ISBN = 84-89748-35-7|ref = |lingua = castelán}}</ref>, que o mantivo ao principio en réxime de abadía e que, posteriormente, o converteu en priorado.
 
No ano [[1454]] dependía coma encomenda de don [[Gómez Pérez das Mariñas I]], mais no [[1489]] incorporouse, xunto co mosteiro de San Paio, ao de [[Mosteiro de San Martiño Pinario|San Martiño Pinario]], suxeito ás regras da congregación [[Orde de San Bieito|beneditina]] de San Bieito o Real de Valladolid. No [[1589]] foi incendiado polos ingleses e en [[1809]] polos franceses, polo que tivo que ser «''en gran parte reconstruído, perdendo a igrexa case todo o seu antigo beiril''»<ref>{{Cita libro|título = Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia|apelidos = Castillo López|nome = Ángel del|editorial = Editorial de los Bibliófilos Gallegos|ano = 1972|ISBN = |ref = }}</ref>, segundo conta [[Ángel del Castillo]]. Coa [[Desamortización de Mendizábal]] completouse a extinción do antigo mosteiro.