Igrexa de Santa María de Cambre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 1:
{{Coordenadas|43|17|32|N|08|20|39|W|display=title}}
[[Ficheiro:FachadaIgrexaStaMaríadeCambre.jpg|miniatura|Fachada da igrexa.]]
A '''Igrexa de Santa María de Cambre''' é un templo de feitura [[arquitectura románica|románica]], un dos mellores exemplos do coñecido como románico compostelán. Foi declarada monumento nacional o 3 de xuño do 1931. A protección como Ben de Interese Cultural esténdese á delimitación da contorna por Decreto 29 do 29 de xaneiro do 1998.
[[Ficheiro:IgrexaparroquialStaMaría.jpg|miniatura|Ábsidas románicas.]]
== Situación ==
Liña 23:
 
=== Terceira etapa ===
Corresponde ao [[século XIII]], no cal se rematan a [[cabeceira]], o [[Cruceiro (arquitectura)|cruceiro]], o derradeiro tramo das naves e a portada. A coroa cóbrese cunha bóveda anular e a capela maior, composta dun tramo rectangular mais outro semicircular, cunha [[bóveda de canón]] rematada en cuarto de esfera. Unhas escaleiras de caracolcosco na banda leste dos brazos menores do cruceiro dan acceso ao que probabelmente foron no seu día dúas torres pequenas que hoxe non sobresaen da cuberta.
[[Ficheiro:Iglesia de Cambre, planta y sección transversal.jpg|miniatura|esquerda|Planta e sección transversal.<ref>[[Vicente Lampérez y Romea|Lampérez y Romea, Vicente]]. "Notas sobre algunos monumentos de la arquitectura cristiana española" en [http://ddd.uab.cat/pub/bolsocespexc/bolsocespexc_a1903m6v11n124.pdf ''Boletín de la Sociedad Española de Excursiones'' nº 124, 1903, vol. 11], páxs. 131-135.</ref>]]
 
== Descrición ==
A igrexa é o único que se conserva na actualidade do primitivo mosteiro, esta está orientada lituxicamenteliturxicamente e a vivenda sacerdotal, situada ao sur, forma un «L» aberto» a un patio rectangular, pechado polos seus lados norte e oeste cun alto muro de pedra. Foi construída a finais do [[século XII]]. Estrutúrase en planta de cruz latina (co brazo maior composto de tres naves con catro tramos), con deambulatorio. Da igrexa destaca o emprego dunha mestura de solucións románicas e góticas cunha forte influencia do taller da [[Catedral de Santiago de Compostela|Catedral Compostelá]].
 
=== Exterior ===
[[Ficheiro:DetalledafachadadeStaMaríadeCambre.jpg|miniatura|Detalle da fachada.]]
A parte mellor conservada do conxunto é a cabeceira que destaca pola elegancia, composta pola capela maior e cinco capelas nos absidiolos. Nestes consérvanse as cornixas e abovedamentos orixinais. As xanelas de arco de mediopunto entre contrafortes prismáticos e con arquivoltas as da ábsida central, contribúen a acentuar o aspecto medieval do conxunto.
 
A fachada principal está dividida en tres vías que se corresponden coas naves. Na fachada salienta o uso non habitual no exterior de columnas pareadas. A portada enmárcase por contrafortes. No tímpano móstrase o ''[[Agnus Dei]]'' inserido nun clípeo en forma de vieira. Nas arquivoltas semicirculares atopamos diversa decoración zoomórfica e antropomórfica coa mensaxe de denunciar ao mal apoiadas en dous pares de columnas acodilladas. Na clave do tímpano Daniel é representado entre vixiantes leóns rampantes. Nos capiteis represéntase a pesada das almas do xuízo fronte ao demo e a loita de San Miguel contra o dragón da apocalipse. Na vía da dereita, incrustada nun contraforte, érguese a primitiva torre da fachada, hoxe esmoucada, cunha escaleira de cosco iluminada por pequenas troneiras que dá acceso ao coro alto, que é de madeira.
 
A ambos lados da portada sitúanse radialmente dous vans con arcos de medio punto adornados con cinco [[Arco de ferradura|arcos de ferradura]] no seu [[intradorso]] feitos a imaxe dos da [[Fachada dedas PrateríasPratarías]] compostelá.
 
Sobre a portada hai un tornachoivas soportado por [[Canzorro|canzorros]] con figuras de animais e antropomorfas. Por riba do tornachoivas áchase un rosetón composto por unha celosía de círculos ao redor dun maior e enmarcada por molduras coa interior decorada con arquiños de ferradura. Remata a fachadavía central unha espadana con dous nichosocos para as campás e coroada por unha sinxela cruz de pedra.
 
=== Interior ===