Diferenzas entre revisións de «Cigurat»

sen resumo de edición
Un '''cigurat''' é un anexo monumental nos [[templo]]s mesopotámicos, común aos [[Sumeria|sumerios]], [[Babilonia|babilonios]] e [[Asiria|asirios]], pertencente á época do antigo [[val]] da [[Mesopotamia]] e construído en forma de pirámide terraplanada. O formato era de varios andares construídos uns sobre outros, coa diferenza de que cada andar superior ten unha [[área]] menor que a da plataforma inferior sobre a cal se asenta. As plataformas poderían ser rectangulares, ovais ou cadradas, e o seu número variaba de dous a sete. A planta adoitaba ser cadrada cuns lados de 60 ou 70 m con ángulos orientados cara aos catro puntos cardinais e unha altura de entre 15 e 30 m.
 
A función dos cigurats eran de servir de soporte icónico ás "vodas sagradas", a cerimonia de unión da divindade coa humanidade a través do rei. O mobiliario era un podio e un altar, [[Heródoto]] menciona un leito (o podio) luxoso e unha mesa (Altar) de ouro. Os cigurats levantábase no centro dos recintos sagrados ou "templo"(non era un edificio senón un conxunto deles) pero a estatua da divinidade atopábase noutor eidifioc, unha pequena cella onde recibía os coidados dun sacerdote especializado (xa que incumplir algún ritual podía supoñer a cólera do deus que enviaría unha peste, temporal, invasores,etc) onde recibía ofrendas, estatuíñas votivas,etc A maioría dos cigurats desapareceron convertidos en outeiros de tixolos de barro, ou deixando un "negativo" en forma de sarténtixola cadrada.
 
O centro do cigurat facíase de [[ladrillo]]s cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos cocidos. Os adornos normalmente eran envidrazados en cores diferentes, posibelmente contendo significación [[cosmoloxía|cosmolóxica]]. O acceso ao templo, situado no topo do cigurat, facíase por unha serie de ramplas construídas no flanco da construción ou por unha rampla en forma de [[espiral]] que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de cigurats datan do final do terceiro milenio a. C., encanto os máis tardíos, do [[século -VI|século VI a. C.]], e algúns dos exemplos máis notábeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de [[Ur]] e de [[Khorsabad]] na [[Mesopotamia]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.caravanserai-tours.com/chogha.htn Choqa Zanbil Tour] - Informacións sobre un dos cigurats máis ben preservados, e posibelmente o maior e máis extravagante en [[arquitectura]] {{en}}.
* [http://www.crystalinks.com/ziggurat.html Mesopotamian Ziggurats] - Informacións sobre cigurats en xeral, incluindoincluíndo un estudo sobre as ruínas actuais {{en}}.
 
[[Categoría:Arquitectura relixiosa]]
2.518

edicións