Igrexa de Santa María de Cambre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 10:
 
No ano [[1454]] dependía coma encomenda de don [[Gómez Pérez das Mariñas I]], mais no [[1489]] incorporouse, xunto co mosteiro de San Paio, ao de [[Mosteiro de San Martiño Pinario|San Martiño Pinario]], suxeito ás regras da congregación [[Orde de San Bieito|beneditina]] de San Bieito o Real de Valladolid. No [[1589]] foi incendiado polos ingleses e en [[1809]] polos franceses, polo que tivo que ser «''en gran parte reconstruído, perdendo a igrexa case todo o seu antigo beiril''»<ref>{{Cita libro|título = Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia|apelidos = Castillo López|nome = Ángel del|editorial = Editorial de los Bibliófilos Gallegos|ano = 1972|ISBN = |ref = }}</ref>, segundo conta [[Ángel del Castillo]]. Coa [[Desamortización de Mendizábal]] completouse a extinción do antigo mosteiro.
 
[[Ficheiro:Iglesia de Cambre, planta y sección transversal.jpg|miniatura|Planta e sección transversal.<ref>[[Vicente Lampérez y Romea|Lampérez y Romea, Vicente]]. "Notas sobre algunos monumentos de la arquitectura cristiana española" en [http://ddd.uab.cat/pub/bolsocespexc/bolsocespexc_a1903m6v11n124.pdf ''Boletín de la Sociedad Española de Excursiones'' nº 124, 1903, vol. 11], páxs. 131-135.</ref>]]
== Etapas ==
A súa construción pódese dividir en tres etapas principais.
 
=== Primeira etapa ===
A mediados do século XII comeza a construción da [[fachada]] principal maila occidental e os tres primeiros tramos das naves lonxitudinais. A [[Nave (arquitectura)|nave]] central é un chisco máis longa cás laterais, que se separa por grandes [[Piar|piares]] cadrados con semicolumnas pegadas aos lados. Os arcos formeiros mailos transversais, sobre os que se sostén a cuberta de madeira son de [[Arco de medio punto|medio punto]] e arrancan de [[Capitel|capiteis]] con decoración xeralmente vexetal.
 
=== Segunda etapa ===
Neste período erixiuse a cabeceira [[protogótica]]. Presenta claras influencias da [[catedral de Santiago de Compostela]] na súa coroa con cinco capelas radiais, o que a emparenta, a pesar do seu tamaño, coas grandes igrexas de [[Peregrinación a Santiago de Compostela|peregrinación]]. As capelas radiais ábrense á coroa por arcos oxivais, sustendados por semicolumnas pegadas aos muros, e cóbrense con bóvedas en forma de cosco sobre nervios.
 
=== Terceira etapa ===
Corresponde ao [[século XIII]], no cal se rematan a [[cabeceira]], o [[Cruceiro (arquitectura)|cruceiro]], o derradeiro tramo das naves e a portada. A coroa cóbrese cunha bóveda anular e a capela maior, composta dun tramo rectangular mais outro semicircular, cunha [[bóveda de canón]] rematada en cuarto de esfera. Unhas escaleiras de caracol na banda leste dos brazos menores do cruceiro dan acceso ao que probabelmente foron no seu día dúas torres pequenas que hoxe non sobresaen da cuberta.[[Ficheiro:Iglesia de Cambre, planta y sección transversal.jpg|miniatura|Planta e sección transversal.<ref>[[Vicente Lampérez y Romea|Lampérez y Romea, Vicente]]. "Notas sobre algunos monumentos de la arquitectura cristiana española" en [http://ddd.uab.cat/pub/bolsocespexc/bolsocespexc_a1903m6v11n124.pdf ''Boletín de la Sociedad Española de Excursiones'' nº 124, 1903, vol. 11], páxs. 131-135.</ref>]]
== Descrición ==
A igrexa é o único que se conserva na actualidade do primitivo mosteiro, esta está orientada lituxicamente e a vivenda sacerdotal, situada ao sur, forma un «L aberto» a un patio rectangular, pechado polos seus lados norte e oeste cun alto muro de pedra. Foi construída a finais do [[século XII]]. Estrutúrase en planta de cruz latina (co brazo maior composto de tres naves con catro tramos), con deambulatorio. Da igrexa destaca o emprego dunha mestura de solucións románicas e góticas cunha forte influencia do taller da [[Catedral de Santiago de Compostela|Catedral Compostelá]].
Liña 18 ⟶ 29:
A parte mellor conservada do conxunto é a cabeceira, composta pola capela maior e cinco capelas nos absidiolos. Nestes consérvanse as cornixas e abovedamentos orixinais.
 
Na fachada salienta o uso non habitual no exterior de columnas pareadas. A portada enmarcase por contrafortes. No tímpano mostrasemóstrase o ''[[Agnus Dei]]'' inserido nun clípeo en forma de vieira. Nas arquivoltas atopamos diversa decoración zoomórfica e antropomórfica coa mensaxe de denunciar ao mal. Na clave do tímpano Daniel é representado entre vixiantes leóns rampantes. Nos capiteis representaserepreséntase a pesada das almas do xuízo fronte ao demo e a loita de San Miguel contra o dragón da apocalipse.
 
A ambos lados da portada dous vanosvans con arcos de medio punto adornados con cinco [[Arco de ferradura|arcos de ferradura]] no seu [[intradorso]] feitos a imaxe dos da [[Fachada de Praterías]] compostelá.
 
Sobre a portada hai un tornachoivas soportado por [[Canzorro|canzorros]] con figuras de animais e antropomorfas. Por riba do tornachoivas áchase un rosetón composto por unha celosía de círculos ao redor dun maior e enmarcada por molduras coa interior decorada con arquiños de ferradura. Remata a fachada unha espadana con dous nichos para as campás.
 
=== Interior ===
Liña 28 ⟶ 39:
Dividida en tres naves compostas de catro tramos separados por piares compostos cruciformes. É de destacar a súa variada e abondosa decoración, chegando a contarse ata noventa e catro capiteis con ata trinta motivos ornamentais diferentes.
 
No interior conserva algunhas pezas de interese: un capitel coa data de [[1194]] gravada nel, a pilapía coñecida como Hidria de Xerusalén, ou unha [[Virxe María|Virxe]] conco neno en pedra de finais do século XII.
 
== Galería de imaxes ==