Abrir o menú principal

Cambios

O terreo glaciar, formado na maior parte por terreos altos e montañas ásperas, a través dos cales aparecen vales fértiles; pequenas e irregulares planicies; liña costeira bastante recortada por fiordes que penetran fondamente no interior e [[tundra]] ao norte. A meirande parte de Noruega é montañosa, mais as montañas non constitúen un sistema montañoso senón unha serie de mesetas que teñen unha altura entre 600 a 900 metros. A orixe do macizo montañoso débese ao pregamento caledonio. Así pois, Noruega ten tres factores orográficos de norte a sur: a meseta de Finmark, os montes Kjolen e as mesetas do suroeste e depresións do sueste de Noruega. O punto máis alto é o Galdhøpiggen con 2.649 m de altitude, sendo ademais o monte mais alto de [[Escandinavia]].
 
Debido á configuración orográfica de Noruega, os ríos son curtos, pero teñen un gran caudal por mor das grandes superficies xeadas das súas montañas que no verán sofren o desxeo. En Noruega os lagos ocupan un 7600 km², que equivalerían aproximadamente ao 2% da superficie total. En Noruega tamén predominan os fiordes e as simas. Noruega posúe aproximadamente trinta parques nacionais, sendo os máis importantes Blåfjella-Skjækerfjella, Rondane (o primeiro parque nacional de Noruega), [[Parque Nacional Dovrefjell-Sunndalsfjella|Dovrefjell-Sunndalsfjella]], Saltfjellet-Svartisen e [[Parque Nacional Hardangervidda|Hardangervidda]].
 
=== Clima ===
1.457

edicións