1807: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Río de Xaneiro - Rio de Janeiro +Río de Janeiro)
Liña 20:
 
=== Alemaña ===
* Na cidade de [[Berlín]] e en medio da gloria militar de [[Napoleón Bonaparte|Bonaparte]], o filósofo alemán Johan Gottlieb Fichte (que nacera en Rammenau, [[Saxonia]], no ano [[1762]] e finará en Berlín no [[1814]]) publica o seu «Discurso á nación alemá». A declaración sae en tempos moi difíciles para Prusia e [[Alemaña]], xa que [[Francia]] fixera declaración de guerra contra [[Prusia]]. O escrito incrimina o emperador francés por haber traizoado os ideais da revolución francesa. Nel o filósofo propón unha nación alemá baseada na democracia que non pasará desapercibida pola burguesía, polo que terá un papel importante no rexurdir espiritual e político do pobo. Fichte manifestou dende moi novo o amor pola liberdade. Influído por Lessing e Kant, dedicará a este profundos estudos, ata o punto de que pode dicirse que o seu pensamento é a continuación do kantismo; polo que, incluso, fará unha visita o seu mestre en [[Königsberg]] no [[1792]], quen o recibe friamente, aínda que tres meses despois envíalle a Kant un manuscrito sobre a «Crítica de toda revelación», polo que se poñía directamente no criticismo. No [[1793]] casou cunha sobriña de Klopstock, e pronto ten fama de liberal e demócrata; o que non lle impediu toma-la cátedra da universidade de [[Jena]] no canto da rama de filosofía. Nesta universidade tivo a acusación de [[ateísmo]], feito que lle valeu a expulsión; polo que pasou a ensinar no [[1805]] na universidade de [[Erlangen]] e, no [[1806]], en Königsberg. Tras a fuxida das tropas napoleónicas, volve a [[Berlín]] no 1807, onde pronuncia o célebre discurso [[nacionalista]]. A filosofía de Fichte intenta harmoniza-la teoría coa práctica. Nun principio parte do humanismo no que a liberdade ocupa o centro de reflexión, que logo tira a un certo [[misticismo]], dende a teoría da liberdade a unha teoría de graciagraza divina; o seu valor reside en especular teoricamente sobre a ciencia e a verdade para desenvolver unha doutrina práctica da moral de estado.
* Tamén na cidade de [[Bamberg]] o filósofo alemán George Wilhelms Friedrich Hegel (que nacera en [[Stuttgart]] no [[1770]] e morrerá en [[Berlín]] no [[1831]]), publica a súa obra máis representativa, a «Fenomenoloxía do espírito», que fora rematada no [[1806]] (curiosamente o mesmo día da batalla de Jena, pola tarde). Por aquel entón, Hegel era mestre nesa cidade, onde acudira interesado pola filosofía de Schelling e Fichte, a quen admiraba. Deste último herdaría a cátedra da universidade de Berlín e pediría ser soterrado ao seu carón. Coma todos os filósofos do seu tempo, a labor xuvenil de Hegel centrouse na crítica da [[relixión]] da [[historia]]. Pero ao chegar a Jena tornou na consciencia da filosofía como medio de expresa-lo sentir da vida humana no seo da historia; polo que realizou un enorme [[esforzo]] lóxico por introduci-la experiencia viva nun marco teórico, no que a historia da conciencia (xunta a [[experiencia]]) acaba por comprenderse a si mesma. Isto identificouno como técnica fenomenolóxica ou identificación con desenvolvemento da conciencia real. A fenomenoloxía é a súa vez unha reflexión sobre as leis do coñecemento e unha historia real da conciencia. Co percorrer do tempo, volve publicar entre [[1812]] e [[1816]] a «Ciencia da lóxica», aparece coma continuación da fenomenoloxía. Nela, Hegel establece o famoso método dialéctico. Só a filosofía da contradición é unha filosofía viva; a flor dá nacemento ao froito, que supón a morte daquela; polo que a morte é a contradición do renacer. De maneira dialéctica aluma a esencia da necesidade histórica. Na unidade das contradicións: a tese ven negada pola antítese, de cuxa negación créase a síntese. No [[1821]] publica a «Filosofía do dereito», é a súa doutrina do home e a historia. O [[home]] illado é unha abstracción: só a [[sociedade]] da historia é concreta; a súa representación universal é concreta. Neste sentido, o suxeito real da historial é unha razón universal.
 
=== Estados Unidos ===
* O enxeñeiro e [[mecánico]] estadounidense [[Robert Fulton]] (que nacera no [[1765]] e finará no [[1815]]) inaugura unha liña regular de barcos a vapor con [[roda]]s no [[río Hudson]], que circularán entre as cidades de [[Nova York]] e [[Albany, Nova York|Albany]] e cuxo primeiro percorrido faría o buque ''Clermont''. Fulton xa experimentara no ano [[1803]] cun pequeno batuxo a vapor polo que é un dos máis coñecidos artífices dos inventos relacionados coa navegación. No [[1797]] propuxo ao goberno francés a construción dun [[submarino]] coa capacidade de poñer cargas explosivas nos navíos inimigos, proxecto que levou a construción no [[1798]]. Ao non lograr que os franceses tivesen atención no seu proxecto, probou máis tarde coas británicas e tampouco o consegue; polo que volta para a súa terra, onde se dedicou de cheo á aplicación da propulsión a vapor nos [[barco]]s, empregando para iso a máquina de [[vapor]] inventada por [[Watt]].