Imelda Marcos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Redirixida cara a "Imelda"
Etiqueta: Eliminación de categorías
m Desfixéronse as edicións de Imeldific (conversa); cambiado á última versión feita por Norrin strange
Liña 1:
[[Ficheiro:Imelda_Marcos.jpg|miniatura|dereita|Imelda Marcos]]
#REDIRECT [[Imelda]]
'''Imelda Romuáldez Marcos''', nada o [[2 de xullo]] de [[1929]] en [[Manila]], foi unha importante política de [[Filipinas]] e muller do ditador [[Ferdinand Marcos]].
 
==Traxectoria==
===Mocidade===
Imelda Romuáldez naceu no hospital San Juan de Dios da capital filipina. Os seus pais chamábanse Vicente Orestes Romualdez e Remedios Trinidad e pertencían a unha familia das clases altas que xa fundara a cidade de [[Tolosa (Filipinas)|Tolosa]], na provincia de [[Leyte]]. Porén, na familia non se lles deu pola política. O pai era home estudado máis preocupado pola música e pola cultura ca pola vida pública. Vivían preto do [[Palacio de Malacañang]], sede do goberno filipino, onde Imelda Marcos pasou a súa infancia. Ao morrerlle a nai, a familia marchou para a provincia de Leyte, mentres que ela quedou en Manila estudando o [[bacharelato]] e para [[mestra]].
 
Tamén foi neste tempo cando comezou a súa vida pública. Primeiro foi coroada como ''Rosa de Tacloban'', despois como ''Miss Leyte'' e despois como ''Musa de Manila'' ([[1950]]), un galardón secundario creado a pé feito para ela polo alcalde de Manila, [[Arsenio Lacson]], logo de que Imelda perdese o concurso de ''Miss Manila''. Grazas a esta carreira polo mundo da beleza, en [[1954]] coñece ao deputado [[Ferdinand Marcos]] e logo dun brevísimo noivado de só 11 días casan na [[Procatedral de Manila]] co presidente [[Ramon Magsaysay]] como principal convidado. Co tempo tiveron tres fillos: María Imelda Marcos; Ferdinand Marcos II, e Irene Marcos, aos que hai que engadirlle unha filla adoptada, Aimée.
 
===Carreira política===
En [[1965]], Ferdinand Marcos convértese no décimo [[presidente de Filipinas]] e ela, conseguintemente, pasa a ser a [[primeira dama]]. En [[1969]], é reelixido e tres anos máis tarde, en setembro de [[1972]], declarou a [[lei marcial]] e prohibiu a oposición política. Foi neste período [[ditadura|ditatorial]] cando Imelda Marcos asumiu un papel relevante na primeira liña política do seu país. Foi gobernadora da Metrópole de Manila, Ministra de Asentamentos Humanos, deputada no [[Parlamento de Filipinas]] e [[embaixadora]] plenipotenciaria e extraordinaria. Como enviada especial, resultou decisiva no achegamento de Filipinas ao bloque comunista co que non tiña relacións [[diplomacia|diplomáticas]], e conseguiu abrir embaixadas en [[China]], na [[URSS]], en [[Romanía]], [[Hungría]], [[Checoslovaquia]], [[República Democrática Alemá|Alemaña Oriental]], [[Libia]] ou [[Cuba]], entre outros.
 
Tamén foi decisivo o seu labor ao conseguir que o certame de [[Miss Universo]] se celebrase en Manila, en [[1974]], na primeira ocasión en que se celebraba nun país do [[Terceiro Mundo]]. Tamén se contan entre os seus éxitos a organización de festivais multitudinarios, da [[Revolución Verde]], un plan do goberno filipino para que todos os cidadáns plantases [[froita]]s e [[verdura]]s nos seus xardíns, ou dunha grande iniciativa de control de [[natalidade]] malia a oposición da [[Igrexa Católica]], moi poderosa no seu país. Baixo a súa tutela tamén se construíron diversos centros culturais, pazos de exhibicións, centros empresariais e complexos médicos. Tamén era a encargada de xestionar a axuda institucional en casos de catástrofes naturais, o que sucedía con certa frecuencia por mor de [[Furacán|tifón]]s, [[volcán]]s, [[terremoto|tremores de terra]] e [[asolagamento]]s, o que lle valei o título de ''Nai da Nación''. Mantiña centos de entrevistas nunha mesma semana e dispoña dun grande equipo de secretarias que contestaba unhas 2500 cartas diarias.
 
Ao mesmo tempo, levou a cabo unha gran campaña de enriquecemento persoal, malia a [[pobreza]] na que se sumía parte do seu país. Díxose dela que posuía unha colección de milleiros de pares de [[zapato]]s nun enorme [[armario]] e grandes cantidades de [[xoia]]s e alfaias. En [[1980]] realizou unha visita oficial a [[Nova York]] para mercar propiedades. Logo de rexeitar o [[Empire State Building]] por "demasiado ostentoso", Imelda Marcos mercou o [[Crown Building]] por 51 millóns de dólares, o [[Herald Center]] por 60 e dous pisos máis, que tempo máis tarde vendeu para recoller o beneficio. Tamén posuía unha importante colección de arte, con obras de [[Miguel Anxo]], [[Sandro Botticelli|Botticelli]], [[Pablo Picasso|Picasso]], [[Paul Gauguin|Gauguin]] ou [[Canaletto]]. De feito, estivo na lista das dez mulleres máis ricas do planeta.
 
Ademais, evadiu capitais filipinos a contas en [[paraíso fiscal|paraísos fiscais]] por todos os mares do mundo, incluída [[Suíza]], empregando o [[pseudónimo]] de ''Jane Ryan'', e utilizando tamén un amplo repertorio de empresas falsas. Esta cantidade de diñeiro podería acadar os 10.000 millóns de dólares. Por parte do diñeiro que puido desviar das arcas públicas, valeuse de información privilexiada para mercar e vender produtos, terras e empresas, anticipándose ás flutuacións dos prezos nos mercados.
 
===A destitución===
En [[1986]], o réxime de Marcos foi derrocado pola [[Revolución da EDSA]] e a parella exiliouse en [[Hawaii]]. Ferdinand Marcos morreu en 1989 e, tres anos máis tarde, Imelda regresou ás [[Filipinas]] e contendeu pola presidencia. Foi amplamente derrotada, pero en [[1995]] gañou un asento no congreso filipino pola súa provincia de Leyte.
 
En [[1998]] contendeu nuevamente para a presidencia, obtendo o mesmo resultado. Imelda Marcos terminou en novena posición dun total de 11 candidatos para o posto.
 
En [[2001]], logo de terminar o seu período como lexisladora, Imelda foi arrestada baixo cargos de [[corrupción]] e [[extorsión]] cometidos durante o mandato do seu esposo. O preito centrouse nuns 684 millóns de [[Dólar estadounidense|dólar]]es que desapareceron misteriosamente do Tesouro Filipino durante a presidencia de Marcos. En [[2003]], o diñeiro foille regresado ao goberno das Illas.
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://www.marcospresidentialcenter.com/ Fundación Ferdinand Marcos] {{en}}
 
[[Categoría:Políticos de Filipinas|Marcos, Imelda]]