Diferenzas entre revisións de «Xoán o Ancián»

m
sen resumo de edición
mSem resumo de edição
Despois de citar a Papías, Eusebio continua:
 
<blockquote>'' Paga a pena observar aquí que el enumera dúas veces o nome de Xoán. O primeiro que menciona relaciónao con Pedro, Santiago, Mateu e o resto dos apóstolos, referindose claramente o evanxelista; pero o outro Xoán menciónao despois dun intervalo, e colócao fora do resto dos apóstolos, pondo a Aristión diante del, e claramente chámao “ancián”. ''
'' Isto amosa que a afirmación de aqueles que din que é o certo que había dúas persoas en Asia que tiñan o mesmo nome, e que había dúas tumbas en Éfeso, cada unha das cales, incluso hoxe, chámanse de Xoán. É importante ter en conta isto. Pois é probable que fora o segundo, se non se estiver disposto a admitir que era a primeira, quen viu a revelación, a quen se lle atribúe ao nome de Xoán. ''
'' E Papías, de quen estamos falando agora, confesa que recibiu as palabras dos apóstolos dos que os seguiron, pero di que el mesmo era un oínte de Aristión e do ancián Xoán. Polo menos el menciónaos con frecuencia polo nome, e dá as tradicións deles nos seus escritos. Esas cousas, esperamos, non foran aducidas inútilmente por nós. ''</blockquote>
 
Eusebio identifica a ''Xoán o Ancián'' como o autor do [[O Apocalipse|Libro do Apocalipse]], cuxa canonicidade discute pois desacorda co seu contido, especialmente co [[milenarismo]] implícito no "reino do milenio".
 
O padre da Igrexa [[Xerome de Estridón]] toma o punto de vista de Eusebio no seu ''De Viris Illustribus'' ("Sobre os homes ilustres"). No capítulo 9, que trata ao Apóstolo Xoán e os seus escritos, atribúelle tanto o [[Evanxeo de Xoán]] como a [[Primeira Epístola de Xoán|Primeira Epístola]], e continúa a dicir:
<blockquote> ''As outras dúas [Epítolas] das cales a primeira é "O ancián á señora elixida e aos seus fillos" e a outra "O ancián a Gaio o amado, a quen amo na verdade," dise que son a obra de Xoán o Ancián a cuxa memoria hoxe se amosa outro sepulcro en Éfeso, aínda que algún pensan que hai dúas tumbas do mesmo Xoán o Evanxelista.<ref>{{cite web|last1=saint|first1=Jerome|title=De Viris Illustribus (On Illustrious Men) Chapter 9|url=http://www.newadvent.org/fathers/2708.htm|publisher=newadvent.org|accessdate=2 June 2015}}</ref>''</blockquote>
 
No capítulo XVIII, contradicindo a Papías, Xerome repite a devandita pasaxe e continúa:
 
<blockquote>''Parece, segundo este catálogo de nomes, que o Xoán colocado entre os discípulos non é o mesmo que o ancián Xoán a quen na súa enumeración pon despois de Aristión. Dicimos isto ademais debido á opinión mencionada enriba, onde rexistramos que moitos declaran que as últimas dúas epístolas de Xoán son obra non do Apóstolo, senón do Ancián.<ref>{{cite web|last1=saint|first1=Jerome|title=De Viris Illustribus (On Illustrious Men) Chapter 18|url=http://www.newadvent.org/fathers/2708.htm|publisher=newadvent.org|accessdate=2 June 2015}}</ref>''</blockquote>
 
A atribución de Xerome da [[Segunda Epítola de Xoán]] e a [[Terceira Epístola de Xoán]] faise eco do texto destes libros, nos que o autor se auto-refire como ''"ho presbyteros"'', que pode ser traducido como "o presbítero", "o maior", "o ancián", "o vello", a mesma palabra que usa Papías.
569

edicións