Unión Europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 197:
A ambición de crear entre os Estados-membros unha relación especial, que lles permita xestionar os seus intereses e os seus diferendos segundo as mesmas regras de dereito e os mesmos procedementos de arbitraxe que unen ós cidadáns dun Estado democrático, é totalmente revolucionaria na práctica das relacións internacionais. "Nós non ligamos Estados, nós unimos ás persoas", escribía [[Jean Monnet]]. De este xeito, as institucións europeas, articulando e conciliando permanentemente os intereses dos cidadáns en canto tales, deben ser fortes e equilibradas. A dialéctica sutil que funciona dende hai preto de cincuenta anos entre o [[Consello da Unión Europea]], o [[Parlamento Europeo]], a [[Comisión Europea]] e o [[Tribunal de Xustiza da Unión Europea]], representa indubidabelmente unha adquisición fundamental da construción europea, sendo a chave do seu éxito.
 
=== 17 de Febreirofebreiro de 1986: sinatura do Acto Único Europeo ===
 
O obxectivo do Tratado de Roma de crear un mercado común foi parcialmente realizado nos anos sesenta, grazas á supresión dos dereitos aduaneiros internos e das restricións cuantitativas ós tratos comerciais. Mais os autores do Tratado subestimaron todo un conxunto doutros obstáculos ós acordos comerciais, obstáculos sofisticados e camuflados na forma de regulamentacións diversas, que constituían barreiras frecuentemente intranspasábeis.