Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "Æthelberht of Kent"
 
Liña 16:
 
== Liñaxe, ascenso ao trono, e cronoloxía ==
Segundo Beda, Etelberto descendía directamente de Hengist. Beda da a seguinte liñaxe: "Etelberto era fillo de Irminric, fillo de Octa, e despois do seu avó Oeric, cuxo alcume era Oisc, os reis do pobo de Kent xeralmente coñecéronse como Oiscing. O pai de Oeric era Hengist."<ref name="Bede_112">Bede, ''Ecclesiastical History'', Book II, Ch. 5, from Sherley-Price's translation, p. 112.</ref> Unha xenealoxía alternativa que se atopa na [[Historia Brittonum]] entre outras fontes, inverte a orde de Octa e Oisc na liñaxe.<ref name="Yorke_26">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 26.</ref> O primeiro destes nomes que se pode localizar históricamentehistoricamente de xeito confiable é o do pai de Etelberto, que hoxe normalmente se escribe Eormenric. A unica referencia escrita de Eormenric está nas xenealoxías de Kent, mais Gregorio de Tours si menciona que o pai de Etelberto era o rei de Kent, aínda que non dá ningunha data. O nome Eormenric proporciona unha pista que establece una relación coa outro beira do Canal da Mancha; o elemento "Eormen" era raro en nomes da aristocracia anglosaxoa, mais moito máis común entre os nobres francos.<ref name="Yorke_28">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 28.</ref>
 
Tamén coñécese outro membro da familia de Etelberto: a súa irmá, Ricole, rexistrada tanto por Beda como pola ''Crónica anglosaxoa'' como a nai de Sæberht, rei dos saxóns do leste.<ref name="Swanton_12">Swanton, ''Anglo-Saxon Chronicle'', pp. 12–13.</ref><ref name="Bede_108">Bede, ''Ecclesiastical History'', Book II, Ch. 3, from Sherley-Price's translation, p. 108.</ref>