Diferenzas entre revisións de «Movemento obreiro»

Amais, apareceron movementos asociacionistas que querían enfrontarse aos patróns. Aínda que en [[Gran Bretaña]], dende 1825, estivesen prohibidas as asociacións obreiras xurdiron os primeiros [[Sindicato|sindicatos]] (''trade unions'') que pretendían conseguir melloras salariais e unha redución da xornada laboral.
 
O primeiro movemento obreiro ben organizado e cuns obxectivos políticos foi o [[cartismo]], moi popular en Gran Bretaña entre 1838 e 1848 que defendía uns dereitos laborais e políticos na chamada Carta do Pobo (aumentos salariais, redución da xornada laboral, [[sufraxio universal]], voto secreto, etc.).
 
Paralelamente, xurdiron teóricos que criticaban o liberalismo económico e que estaban a prol da solidariedade social. Estas persoas chamáronse socialistas utópicos, dos que destacanː
* [[Charles Fourier]]. Propuxo a creación de falansterios, comunidades nas que o traballo debía distribuírse en función do talento e das inclinacións naturais de cada persoa.
 
* [[Pierre-Joseph Proudhon]]. Criticou a propiedade privada do Estado, e defendeu a creación de comunas, polo que se considera precursor do [[anarquismo]].
 
== Primeira Internacional ==
195.816

edicións